Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (517/1999).

En virtude do acordado por María Begoña Rodríguez González, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo, fai saber que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 517/1999, se segue expediente de xurisdicción voluntaria de dominio, promovido por Belarmino Fernández Barreiro, no que se pretende a inmatriculación do predio: terreo a labradío sequeiro, denominado Cortes Grandes, que mide 462 m. Limita: norte, máis de Manuel Rodríguez; sur, de Jesús Cameselle Fernández; leste, valado que separa de camiño doutros predios e oeste, con máis de Juana Barreiro Nieto, é dicir, resto do predio do cal se segrega o que se describe.

Que o resto do predio matriz de Juana Barreiro Nieto, do que se pretende a inscrición rexistral, é o que se describe: terreo a labradío sequeiro, denominado Cortes Grandes, da superficie de catrocentos sesenta e dous metros cadrados. Limita: norte, máis de Manuel Rodríguez, hoxe de Nemesio Covelo Castro; sur, máis da mesma Juana Barreiro Nieto; leste, máis de Jesús Cameselle Fernández e oeste, camiño veciñal. Sito no barrio de Saa, parroquia de Beade, concello de Vigo.

E para a súa publicación e inserción para xeral coñecemento da comunidade hereditaria de Juana Barreiro Nieto, así como para aquelas persoas que se crean con interese lexítimo na causa, poidan com

parecer no prazo improrrgable de dez días contados desde a última publicación deste edicto, expídoo en Vigo, o oito de setembro de mil novecentos noventa e nove.

A maxistrada-xuíza

Rubricado