Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999 pola que se convoca a libre designación dun posto vacante do cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente,

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convoca-la libre designación do antedito posto, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria.

1. Requisitos dos candidatos. Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para o posto convocado.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, (sito no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n), no Rexistro do Campus de Lugo, (sito na Vicexerencia, Avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n-polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos. Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos. No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun

mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro cos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: secretario/a do rectorado.

Quenda: mañá.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Localidade: Santiago de Compostela.

Complemento específico: 545.162 ptas.