Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 28 de setembro de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre a pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en vir

tude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ter sido devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Pontevedra, 28 de setembro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Alfonso Fernández Rodríguez.

DNI: 35.911.964.

Resolución: modificación da contía da pensión non contributiva e débeda xerada por mor desta modificación, na contía de 171.400 ptas., no período comprendido entre o 1-1-1998 e 31-7-1999.

Causa: variación dos recursos económicos persoais (artigo 168 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, en relación co artigo 145 do mesmo texto legal).

Fundamento de dereito: artigo 168 do TRLXSS, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994 en relación co artigo 145 do mesmo texto legal.

Cantidade que deberá reintegrar: 171.400 ptas. (1.030,13 euros *).

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).