Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. r/ Comercio, nº 6.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 40 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, que
parte da L.M.T.S. de C.T. Bellavista a C.T. Gramela, entrando e saíndo no C.T. r/ Comercio, nº 6 de 400 kVA a 15/0,4 kV. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 14 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña