Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0965; XG-058, entre Mondoñedo e Viveiro, con anexos.

O acordo directivo do 17 de agosto de 1999 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor de Juan Ramón Méndez Fernández por cesión do seu anterior titular, Ramón Méndez Balseiro.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes