Convocada por Orde do 1 de setembro de 1999 (DOG nº 181, do 17 de setembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Rela
cións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 1 de setembro de 1999 (DOG nº 181, do 17 de setembro).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se cita no anexo desta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais
ANEXO I
NRP ou DNI: 3606281557 A205F.
Apelidos e nome: Gancedo Cons, Josefa Guillerma.
Grupo: B.
Corpo/escala: xestión (escala de finanzas).
Código do posto: XUC020000115770005.
Denominación: Servicio de Xestión Económica e Persoal.
Nivel: 28A.
Dependencia: Secretaría Xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.