Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.634

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 9 de agosto de 1999 (DOG nº 162, do 23 de agosto) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 9 de agosto de 1999 (DOG nº 162, do 23 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada

pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 35.811.009.35 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rubio Maquieira, Rafael.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Oficina de Vigo.

Dependencia: oficina de Vigo.

Localidade: Vigo.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

C. específico: 1.431.060.

NRP: 76.512.524.46 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Grión Daviña, Mª del Carmen.

Denominación do posto de traballo: secretario/a provincial.

Dependencia: Delegación Provincial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640.

NRP: 05.627.411.68 A2064.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Ecénarro Tomé, Juan Luis.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Xestión Mineira.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: especial.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640.