Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre (código 1500762) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-9-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 28-7-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esa delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de setembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta ós traballadores e traballadoras do cadro de persoal fixo do Hotel Finisterre da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Con independencia da súa publicación nos boletíns oficiais, este convenio iniciará a súa vixencia o 1 de xaneiro de 1999 con carácter indefinido, podendo ser denunciado por calquera das partes para efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural; seguindo vixente en tódolos seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído en todo ou en parte por outro convenio negociado entre as partes.

Artigo 2º bis.-Retribucións e revisión.

1. Incremento sobre tódolos conceptos económicos do convenio para o ano 1999 do 2,8%.

2. No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa, superase o 31 de decembro de 1999 un incremento do 2% con respecto ó 31 de decembro de 1998, efectuarase unha revisión automática sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1999.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado por este convenio consistirá nun soldo base de conformidade coas distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxe de servicios que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema ó que se refiren os artigos 49, 52 e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando ademais que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, no outro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza, que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións establecidas neste convenio teñen a consideración de mínimas, polo que os pactos, cláusulas, condicións ou situacións implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas cas aquí pactadas subsistirán para aqueles traballadores que as viñesen desfrutando.

Artigo 6º.-Comisión en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúa os ditos cambios.

Artigo 7º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostalería adscribiranse segundo os seguintes niveis:

Nivel I:

Xefe de cociña.

Xefe de comedor.

Xefe de recepción.

Xefe de administración.

Gobernanta xeral.

Encargado de mantemento.

Nivel II:

Segundo xefe de comedor.

Segundo xefe de cociña.

Nivel III:

Xefe de sector.

Encargado de economato.

Subgobernanta.

Encargada de lencería e lavandería.

Xefe de partida.

Secretaria de dirección.

Nivel IV:

Interventor.

Adegueiro.

Cafeteiro.

Camareiro.

Recepcionista.

Cociñeiro.

Oficial primeira administrativo.

Caixeiro de comedor.

Fontaneiro.

Electricista.

Carpinteiro.

Pintor.

Nivel V:

Axudante de economato.

Axudante de recepción.

Axudante de camareiro.

Axudante de cociñeiro.

Axudante de conserxe.

Conserxe de noite.

Auxiliar administrativo.

Telefonista segunda.

Camareira pisos.

Nivel VI:

Calefactor.

Mozo de equipaxes.

Vixilante noite.

Fregadora.

Marmitón.

Lavandeira-lenceira.

Padadora de ferro.

Costureira.

Limpadora.

Mozo limpeza.

Nivel VII:

Aprendices.

Botóns.

Nos casos en que non se incluíse algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel, e que serán as seguintes:

Nivel 1: 158.156 pesetas.

Nivel 2: 152.015 pesetas

Nivel 3: 142.745 pesetas

Nivel 4: 133.475 pesetas.

Nivel 5: 121.258 pesetas.

Nivel 6: 107.623 pesetas.

Nivel 7: 99.794 pesetas.

Artigo 9º.-Manutención.

O persoal de calquera clase ou categoría terá dereito a manutención como complemento salarial en especie, que percibirá con cargo á empresa e durante as horas en que preste os seus servicios, e sempre que se avise o mes anterior.

O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega da cantidade de 6.432 pesetas mensuais, computadas diariamente.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 11º.-Complemento de convenio.

Establécese un complemento de convenio para todo o persoal de 7.960 pesetas.

Artigo 12º.-Transportes.

Establécese un complemento de transporte para todo o persoal afectado por este convenio de 6.980 pesetas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios por antigüidade establecidos polo vixente convenio para o persoal fixo, ó 31-12-1985, quedan de acordo á seguinte escala, tomando como base o salario garantido no convenio provincial de hostalería para as categorías laborais incluídas no artigo 7º deste convenio de empresa.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, a antigüidade calcularase sobre as bases do convenio provincial de hostalería aprobadas no ano 1996, as cales quedarán como base de cálculo para anos sucesivos, incrementadas na porcentaxe que se aprobe ano a ano no convenio de empresa Hotel Finisterre.

As ditas bases faranse constar no convenio que se asine anualmente neste artigo.

Deste xeito quédase totalmente desligado de calquera acordo que se estableza no convenio provincial de hostalería, tanto que afecte a bases como a outros criterios.

1) Un 4 por cento sobre o salario garantido ó cumprírense tres anos de servicio efectivo na empresa.

2) Un 9 por cento ós seis anos.

3) Un 17 por cento ós nove anos.

4) Un 29 por cento ós catorce anos.

5) Un 41 por cento ós dezanove anos.

6) Un 48 por cento ós vintecatro anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa, nun dous por cento anual ata un límite dos 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Os premios por antigüidade do vixente convenio para o persoal con data de ingreso na empresa que sexa posterior ó 1-1-1986 quedan establecidos por trienios de 3.958 pesetas en cada unha das pagas. A dita cantidade será revisada conxuntamente co resto das condicións económicas do convenio.

Bases para o cálculo da antigüidade:

-Interventor:117.710.-Oficial 1ª contabilidade:114.232.-Recepcionista:114.232.-Telefonista:112.731.-Axudante recepcionista:112.373.-Mozo equipaxe:107.086.-Xefe de cociña:119.543.-Segundo xefe de cociña:117.710.-Xefe de partida:114.232.-Encargado de economato:114.232.-Cociñeiro:112.404.-Cafeteiro:115.622.-Xefe de comedor:119.543.-Segundo xefe de comedor:117.681.-Xefe de sector:115.878.-Camareiro:115.622.-Gobernanta:117.710.-Camareira:108.922.-Encargada de lencería:114.232.-Pasadora de ferro:106.482.-Lenceira:105.254.-Limpadora:105.254.-Encargado de traballos:115.994.-Calefactor:108.922.-Carpinteiro:105.254.-Electricista:105.254.-Fontaneiro:105.254.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do Nadal e verán, que se pagará o 15 de xullo, serán de 30 días, e a de setembro de 15 días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso.

No mes de marzo aboarase unha paga extraordinaria consistente en 15 días da retribución que corresponda a cada empregado, de acordo cos salarios do artigo 8º.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais. Procurarase que os días festivos traballados sexan computados en descanso día a día, pero se, por necesidades de organización, isto non se puidese realizar, desfrutaranse acumulados e, se é o caso, co preceptivo descanso semanal.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería e administración.

Entenderase por xornada partida aquela na que haxa un descanso ininterrompido de 1 hora como mínimo.

O tempo traballado computarase de modo que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador estea no seu posto de traballo.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

O dote do persoal fixo que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio nun máximo de seis.

Entenderase como salario o do artigo 8 que lle corresponde ó traballador por categoría profesional previsto neste convenio, incrementado coa antigüidade. Este dereito afectará unicamente ós traballadores que ó contraeren matrimonio rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nesta percibirá, en concepto de dote, unha mensualidade de retribución que comprenderá o soldo máis a antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa 1 ano máis a partir da data do matrimonio, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise en concepto de dote.

Este dereito unicamente poderá ser desfrutado unha soa vez polo productor durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

Matrimonio do productor: quince días.

Enfermidade grave ou intervención cirúrxica con ingreso do cónxuxe, pais ou fillos: catro días.

Parto da esposa: catro días.

Morte do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: catro días.

Morte de pais ou irmáns políticos: dous días.

Morte de tíos, sobriños e curmáns de primeiro grao: un día.

Morte de avós e netos: un día.

Casamento de fillos ou irmáns: un día, se é dentro da provincia, e tres se é fóra dela.

Bautizos, primeiras comuñóns de fillos e netos: un día.

Traslado de domicilio: un día.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa, cando menos, dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que, en ningún caso, se poida producir tal situación nos contratos de dura

ción determinada. Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado.

c) O traballador que se queira incorporar ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo prestase os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio do Estado en empresas comprendidas na ordenanza laboral de traballos de hostalería.

e) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituír ó excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinalados, cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contados desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia, que, se é o caso, poñería fin á que viñese desfrutando.

Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para se acoller a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de, cando menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por cento do salario establecido no artigo 8º máis a antigüidade, complemento de manutención, convenio e transporte. Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses.

* Absentismo.

Nos tres primeiros días de ausencia, deixarase de percibi-lo 20 por cento da retribución diaria.

Do cuarto ó décimo día, ambos incluídos, deixarase de percibi-lo 10 por cento da devandita retribución, mediante xustificación médica á empresa.

Cando a situación de enfermidade común dure máis de dez días ininterrompidos, percibirase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia.

Das situacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

-Hospitalización.

-Intervención cirúrxica.

-Descanso por maternidade.

Artigo 21º.-Auxilio de defunción.

No caso de falecemento do productor, concederáselle á viúva ou fillos un auxilio de defunción que será da seguinte forma:

Por cinco anos de servicio: un mes.

Por dez anos de servicio: dous meses.

Por vinte anos de servicio: tres meses.

Por vintecinco anos de servicio: catro meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en seis días por anos de servicio.

Artigo 22º.-Xubilación.

A xubilación do persoal afecto a este convenio será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberno para ter dereito ás prestacións do 100 por cento por xubilación, sendo no momento de 65 anos. Para o persoal fixo na empresa ó 31 de decembro de 1986, ó producirse a xubilación dun traballador que leva, como mínimo, 15 anos ó servicio da empresa, percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a esta e unha mensualidade máis por cada cinco anos que excedan dos 15 de referencia.

Para o persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1987, o premio por xubilación será:

Ós 60 anos: dez mensualidades.

Ós 61 anos: oito mensualidades.

Ós 62 anos: seis mensualidades.

Ós 63 anos: catro mensualidades.

Ós 64 anos: tres mensualidades.

Ós 65 anos: dúas mensualidades.

Tendo en conta que a xubilación con dereito ó 100 por cento das prestacións na actualidade está fixada en 65 anos, se esta fose modificada á baixa, en igual proporción se modificará a táboa adxunta.

Artigo 23º.-Nocturnidade.

As horas transcorridas durante o período comprendido entre as doce da noite e as oito da mañá, salvo nos casos en que a categoría do empregado que realiza o traballo nocturno así o especifique, terá unha retribución complementaria do 25 por cento do salario base.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

O prazo de aviso previo, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores, será o seguinte:

De 15 días os traballadores encadrados nos niveis 1 e 2 do artigo 7º.

De 10 días o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa lexislación vixente sobre a materia.

Artigo 26º.-Seguro.

A empresa concertará ó seu cargo un seguro por importe de 1.700.000 pesetas para os casos de morte ou incapacidade total para o traballador, en caso de accidente laboral, e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 27º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretacion, aplicación e vixilancia deste convenio colectivo créase unha comision paritaria integrada por catro persoas, designadas dúas pola empresa e dúas polo comité de entre os negociadores do convenio.

As partes asinantes deste convenio colectivo, axustándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo número 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación, interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo interprofesional (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos en que neste están formulados.

Cláusula adicional

En cumprimento do que se establece no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo efectivo será de 1.748, en xornada partida e continua.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores en función do dito número de horas son as seguintes:

Nivel 1: 2.628.820 pesetas.

Nivel 2: 2.536.714 pesetas.

Nivel 3: 2.397.640 pesetas.

Nivel 4: 2.258.597 pesetas.

Nivel 5: 2.075.361 pesetas.

Nivel 6: 1.870.819 pesetas.

Nivel 7: 1.753.372 pesetas.

En proba de conformidade con canto antecede déixase exposto, asínano os comparecentes no lugar e data ó comezo indicados.

Por la empresaPolo comité de empresa

Rubricado Rubricado