Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/113-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. de 100 kVA e R.B.T. en Cambeiro de Abaixo.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56 de 11 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da liña que alimenta o C.T. Valadares e remate no C.T. Cambeiro de Abaixo, por instalar. Centro de transformación tipo intemperie, de 10 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cambeiro de Abaixo, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 730 m de lonxitude. Outes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña