Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 15000 A Coruña .
Denominación: modificación I-L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Forte Novo.
Situación: Melide.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor 2R.H.V.-12/20 kV, de 3(1x150) mm Al, de 92 m de lonxitude, con orixe na liña subestación Melide-Melide e final en C.T. Forte Novo, por instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Forte Novo, do que parten redes de baixa tensión subterránea con conductor R.V. de 170 m e áerea de 30 m de lonxitudes respectivas. Melide.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 13 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña