Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. a 20 kV, subestación de Muras I-parque eólico Muras II, concello de Muras. (Expediente 013/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Gamesa Energía, S.A., con

domicilio para os efectos de notificación na Avda. do Cruceiro da Coruña 201 Santiago de Compostela, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulso III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que no período de información pública se presentaron aas seguintes alegacións:

1. Julia García Soto, que cuestiona a utilidade pública do parque eólico para o que se proxecta a liña eléctrica que nos ocupa, e que afecta ó predio da súa propiedade, solicita os datos necesarios para a identificación dos predios afectados, e por último manifesta a existencia de especies arbóreas protexidas e un manancial nun dos seus predios.

2. Pedro García Otero, que cuestiona a utilidade pública do parque eólico para o que se proxecta a liña eléctrica que nos ocupa e que afecta ós predios da súa propiedade, solitica os datos necesarios para a identificación dos predios afectados, manifesta a existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados por canto a titularidade dalgúns predios, así como especies arbóreas protexidas e un manancial de auga nalgún dos seus predios.

3. Pedro Ramudo Pita, que alega que a liña eléctrica afecta montes catalogados de utilidade pública e que non se seguiron os trámites regulados nos artigos 168 e seguintes do Regulamento de montes de 1962 para o establecemento de servidume sobre estos.

Considerando que as devanditas alegacións non deben ser tidas en conta por razóns que a seguir se indican:

a) Julia García Soto, por canto a utilidade pública do parque eólico vén deternimada pola Lei do sector eléctrico, o expediente foi obxecto de información pública podendo consultarse nesta delegación provincial para obte-la información que se precisara, remitíronselle á alegante copia do plano parcelario dos seus predios para unha mellor identificación destes. No momento do levantamento das actas previas á ocupación determinaranse de maneira exacta os bens afectados, o cal servirá de base para a fixación do prezo xusto.

b) Pedro García Otero, por canto a utilidade pública do parque eólico vén determinada pola Lei do sector eléctrico, o expediente foi obxecto de información pública, podendo cosultarse este nesta dele

gación provincial para obte-la información que se precise, remitíronselle ó alegante copia do plano parcelario dos seus predios para unha mellor identificación destes. Fixéronse as rectificacións necesarias en canto á titularidade dos predios e realizáronse as correspondentes notificacións individuais. No momento do levantamento das actas previas á ocupación determinaranse de forma exacta os bens afectados, o cal servirá de base para a fixación do prezo xusto.

c) Pedro Ramudo Pita, por canto a Delegación Provincal da Consellería de Agricultura de Lugo autorizou a ocupación do monte A Gañidoira para levar a cabo a execución da liña eléctrica.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, en no exercicio de competencias atribuídas polo decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Gamesa Energía, S.A., o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea triple circuíto subestación Muras I-parque eólico Muras II de 3.666 m de lonxitude a 20 kV, sobre apoios metálicos en conductor LA-280.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 28 de abril de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do

18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantemento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 14 de maio de 1999, DOG do 10 de maio de 1999 e no Diario El Progreso do 14 de maio de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución no é definitiva en vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 19 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo