Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (264/1998-J).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 264/1998, no que a xuíza Ángeles Lamas Méndez dictou sentencia, con data do 22 de setembro de 1999, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Visto por María de los Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido xudicial, o xuízo de faltas nº 264/1998, por imprudencia de tráfico, no que foron partes, como denunciantes Antonio Cao Villaverde, Marcos Cao Sáiz, Sonia Cao Sáiz, Braulio Sáiz Dueñas e Florencia Villaverde Díez, como denunciado, Luis Loredo Rubiero, como responsable civil subsidiario, Iria María González Reyes e as compañías de seguros Previsión Sanitaria e Mapfre, como responsables civís directos, as circunstancias persoais dos cales constan en autos.

Decido que absolvo libremente a Luis Loredo Rubiero dos feitos que orixinaron esta causa, declarando de oficio as custas procesuais. Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación a Luis Loredo Rubiero, en ignorado paradoiro, expido este edicto en Padrón o vintesete de setembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado