Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (127/1999).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado nos autos de xuízo divorcio (5*) seguidos neste xulgado baixo o número 127/1999, por instancia de Gumersinda Ferreiro Arán, representada por José Andrade Suárez (de oficio), por medio desta cédula

emprázase a Antonio Vilas Ferrol, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñese en dereito, baixo apercibimento de que, de non o facer, será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso, sen volver a oílo nin a citalo, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o vinteún de setembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado