Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, dunha asistencia técnica para recollida de datos sobre establecementos turísticos de Galicia clasificados como cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, dunha asistencia técnica para recollida de datos sobre establecementos turísticos de Galicia clasificados como cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas.

Orzamento de licitación: oito millóns cincocentas dezaseis mil cen (8.516.100) pesetas, no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

Garantía provisoria: non é esixible.

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de precricións técnicas que rexen na contratación atópanse á disposición dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Direc

ción Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo