Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa do parque eólico de Pedregal-Tremuzo II.

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xuño, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., con domicilio en Avda. do Cruceiro da Coruña, 201A, de Santiago de Compostela, para autorización administrativa do parque eólico de Pedregal-Tremuzo II, conforme os seguintes datos:

Concellos afectados: Muros e Outes.

Superficie afectada: 354,30 hectáreas e coordenadas:

V (499.000, 4.744.352) V (499.425, 4.744.352) V (500.014, 4.743.675) V (500.293, 4.743.825) V (500.945, 4.742.816) V (499.019, 4.742.813) V (499.000, 4.743.000) V (501.215, 4.744.269) V (502.078, 4.744.285) V (502.778, 4.743.155) V (502.317, 4.742.869) V (501.784, 4.743.730) V (501.215, 4.743.721) V (503.637, 4.741.736) V (504.186, 4.741.736) V (504.186, 4.741.187) V (503.637, 4.741.187) V (504.267, 4.740.892) V (504.616, 4.740.000) V (504.000, 4.740.000).

Potencia que se vai instalar: 13,2 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presenta-las solicitudes en competencia axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña