Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/330-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Denominación: variante L.M.T. Avda. de Lugo 76.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 103 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio 6, existente, da L.M.T. Mourente-Cabanas-Salcedo ata o apoio 8, existente, da mesma liña, concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra