Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.492

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999 pola que se fai público o tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala administrativa, convocadas por Resolución do 4 de agosto de 1999 (DOG do 7 de setembro).

Convocadas probas selectivas para o ingreso na escala administrativa desta universidade, polo sistema de promoción interna, por Resolución do 4 de agosto de 1999 (DOG do 7 de setembro), e vista a proposta de designación de representantes das organizacións sindicais no tribunal cualificador destas, formulada pola xunta de persoal de administración e servicios, este rectorado resolve facer pública a composición do dito tribunal, que é a que figura a continuación:

Tribunal titular:

Presidente: José Luis Meilán Gil. Rector de universidade.

Vocais:

Víctor M. Cabrera Sánchez. Xerente da universidade.

Alfonso Barca Lozano. Secretario xeral da universidade.

Juan Pombo Prieta. Xefe de Sección de Tesourería.

Teresa González Martínez. Representación da Xunta de Persoal.

Secretario: Justiniano Rodríguez Soto. Xefe do Servicio de Persoal.

Tribunal suplente:

Presidente: Alejandro Pazos Sierra. Vicerrector de Organización Docente e Profesorado.

Vocais:

Juan Ramón Rego Álvarez de Mon. Vicexerente da universidade.

Alfonso Vidal Carnota. Xefe da Sección de Estudiantes.

Manuel Quintela Fuciños. Administrador da escola universitaria de fisioterapia.

Mª Aurora Carballido Balseiro. Representante da Xunta de Persoal.

Secretario: Daniel Miguélez Costa. Xefe da Sección de Selección e Formación de Persoal.

A Coruña, 4 de outubro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña