Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 8 de outubro de 1999 polo que se notifica a providencia de arquivo de actuacións na reclamación económico-administrativa 791-LU 98/9, interposta por Ángel Arranz Hernán en representación de Transdespa, S.A.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da providencia de arquivo de actuacións na reclamación económico-administrativa (Rfa. 791-LU 98/4) interposta por Ángel Arranz Hernán en representación de Transdespa, S.A. (domicilio notificacións: Embajadores, 274, 28045 Madrid), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúm, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

«Por esta secretaría foi examinado o seu escrito do 1-4-1998, no que interviña en representación da entidade de referencia. Por oficio do 14-4-1998, notificado segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunicáronse as deficiencias de representación e o prazo de emenda.

Ó non emenda-las deficiencias non se cumpren as esixencias de representación que sinala o artigo 33 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas e, de conformidade co artigo 34.3º do devandito regulamento, notifícaselle que o seu escrito quedou sen curso dando lugar ó arquivo de actuacións.

Contra este acordo poderá interpoñer cuestión incidental no prazo de oito días, contados desde o día seguinte ó desta publicación, de conformidade co artigo 113 do citado regulamento».

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal