Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.481

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de setembro de 1999 pola que se dispón o cesamento do vocal que en representación do Concello de Pontevedra forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do consello de administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades os que aqueles representen, polo que, recibida certificación do acordo de pleno, con data do 10 de xullo de 1999, do Concello de Pontevedra, polo que se nomea novo representante do dito concello na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Que cese Juan Luis Pedrosa Fernández como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Pontevedra, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda