Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/24-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Telefónica Servicios Móviles, S.A.

Domicilio social: Marcelo Macías, 1, 32005 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. alimentación E.B. Telefónica Servicios Móviles.

Situación: Vilar de Silva (Rubiá).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 566 metros de lonxitude en conductor LA-56, desde o apoio de formigón número 30 da L.M.T. a C.T. de Vilar de Silva (Rubiá) ata o C.T. exterior aéreo que se vai instalar con 25 kVA. R.B.T. soterrada de 20 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense