Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudio de detalle.

Aprobado inicialmente, por resolución da Alcaldía do 20 de setembro de 1999, o proxecto de estudio de detalle redactado por Alfonso Lage Pérez, por iniciativa de Urbanizadora O Monte, S.L., para a ampliación do largo entre aliñacións dunha rúa sen nome en Sigüeiro-Oroso, exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 12 de marzo de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde