Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación da obra do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mazaricos.

Expediente tramitado en secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución da obra do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade, na Picota.

Prazo de execución: 18 meses.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento: o orzamento máximo desta contratación ascende a 79.020.000 ptas. (474.919,76 euros) que inclúe o IVE, dividido en tres anuallidades: ano 1999: 14.010.000 ptas.

Ano 2000: 40.010.000 ptas.

Ano 2001: 25.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.580.400 ptas.

Definitiva: 3.160.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Mazaricos (Avda. Trece de Abril, nº 59, A Picota, teléfono: 981 86 71 04, fax: 981 85 22 17), dentro de 13 días naturais seguintes á última publicación deste anunccio no BOP ou DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite: en horario laboral de 9 a 13 horas, no prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, no rexistro do Concello de Mazaricos.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, grupo C, subgrupos todos, categoría C.

c) Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do 1º día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día cadra en sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación.

11. Exposición do prego: o presente prego queda exposto ó público no Concello de Mazaricos durante o prazo de 8 días para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxestións e reclamacións que xulguen oportunas.

Mazaricos, 1 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado