Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (695/1998 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminstrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta Delegación Provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado

a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de setembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

695/98Artisane, S.C. (Rpte. José M. Arcos Caamaño)G-15.530.223R/ Gómez Ulla, nº 18-soto

Santiago de Compostela

Discoteca La Factoría23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

200.000 ptas.

738/98Artisane, S.C. (Rpte. José M. Arcos Caamaño)G-15.530.223R/ Gómez Ulla, nº 18-soto

Santiago de Compostela

Discoteca La Factoría23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

120.000 ptas.

72/99Chic Mera, C.B. (J.L. Herrero Ayuso e J.M. Mira Reymúndez15.604.200R/ Curros Enríquez, nº 39-2º D O Temple-CambreChic Mera26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

77/99Francisco Carro Suárez32.786.333R/ do Sol, nº 189-1º FerrolEstablecemento

Recaudillo

26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

10.000 ptas.

100/99Eugenio Paz Baloiras33.258.809Xeneral Franco, nº 116-2º A

Ribeira

Albatros26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

40.000 ptas.

106/99Santiago Porteiro Rama76.334.089Poboado As Veigas, nº 526 B

As Pontes de García Rodríguez

La Clave26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

10.000 ptas.