Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre a cancelación da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que se cita.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la cancelación da Sociedade Agraria de Transformación que se cita a continuación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Florigal SAT nº 428 XUGA queda cancelada, xa que transcorreu máis dun ano desde a publicación do acordo de disolución sen que presentasen as operacións de liquidación e balance.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación