Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.416

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (354/1998).

Por acordalo así Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, en resolución desta data, dictada nos autos que máis arriba se expresan, promovidos por Mª del Carmen González Taibo, representada pola procuradora Trigo Castiñeira, nos que foi parte o Ministerio Fiscal, sobre declaración de herdeiros ab-intestato de Constantino González Taibo, falecido solteiro, na Coruña, o 27 de setembro de 1998, sen outorgar testamento, e reclamando no expediente referido a herdanza do finado a súa irmá de pai e nai María del Carmen González Taibo.

Por medio deste edicto son chamados os que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan neste xulgado, sito na Praza do Concello s/n, de Carballo, para o reclamar, dentro do prazo de trinta días, apercibíndoos de que, de non o verificar, recaerán sobre eles os prexuízos os que houber lugar en dereito.

E para fixalo no taboleiro de anuncios deste xulgado, así como no do Concello de Carballo e no da Coruña, e publicalo no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, expídese este edicto en Carballo o un de setembro de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado