Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.416

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 1ª)

EDICTO (633/1999-3).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria xudicial do Xulgado de Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de autorización de entrada nº 633/99-3, se lles notifica a Carolina Pérez Ramos e Roberto Dasantes Darriba, o auto dictado neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva como segue:

Auto.

A Coruña, 15 de abril de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Mediante atento oficio dirixido a esta Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta capital pola correspondente representación legal que compareceu para o efecto no Instituto Galego de Vivenda e Solo, solicitábase o outorgamento de autorización de entrada naquel lugar que se referencia en canto sometido ó eventual consentimento ó respecto do seu titular e co fin da execución forzosa de previo acto daquela Administración autonómica.

2. En definitiva, mediante esta solicitude, solicitábase autorización xudicial co fin de proceder ó desaloxo de Carolina Pérez Ramos e Roberto Dasantes Darriba, na medida en que reside ou, polo menos aparentemente ocupa, na rúa López Dafonte, quinteiro 23, portal 1, 1º D de Ferrol (A Coruña), radicada esta como autos nº 633/1999 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3. En calquera caso, o exame deste expediente determina a ocupación sen título legal, ó serlle denegada a regularización da previa ocupación da vivenda referenciada que solicitaran os mencionados ocupantes ó abeiro do previsto no Decreto 320/1999, do 2 de decembro, e téndose dictada para o efecto Resolución do 26 de febreiro de 1999 da dita autoridade administrativa, pola que se acordaba o desafiuzamento daquel inmoble, notificándolle a aquel referido ocupante sen que se impuxese ningún recurso ulterior.

Acórdase:

Autoriza-lo Instituto Galego de Vivenda e Solo e concederlles, xa que logo, ós seus órganos competentes para o efecto, a entrada na vivenda ocupada por Carolina Pérez Ramos e Roberto Dasantes Darriba, sita na rúa López Dafonte, quinteiro 23, portal 1, 1º D de Ferrol (A Coruña).

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas para os seus oportunos efectos e signifíqueselles que, sen prexuízo do seu carácter

executorio, esta non é firme en canto cabe eventual recurso de apelación nun só efecto antes este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de quince (15) días contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación ós demandados, Carolina Pérez Ramos e Roberto Dasantes Darriba, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de setembro de 1999.

Pilar Cancela Ramírez de Arellano

Secretaria