Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999 pola que acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Ribadavia.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 5 de febreiro de 1992, asinou un convenio co Concello de Ribadavia para a creación dun parque empresarial no municipio.

O Concello de Ribadavia, en sesión do día 14 de setembro de 1998, adoptou un acordo polo que se aproba definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Ribadavia.

Este plan parcial determina como sistema de actuación para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes, para os fins de expropiación ou imposición de servidume, de acordo co disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime de solo e valoracións e o artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación estan comprendidos dentro do ámbito do polígono

nº 1 de actuación delimitado no plan parcial do parque empresarial de Ribadavia, e están cocretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar que se recolle no documento do plan parcial.

Na súa virtude, acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola construcción do polígono nº 1 do parque empresarial de Ribadavia.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono nº 1 do parque empresarial de Ribadavia, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que res

pecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán preseta-las alegacións que consideren oportunas, por triplicado exemplar, no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Sáez Díez, 43, 32071-Ourense.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

José Antonio Rondodo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Relación de propietarios do parque empresarial de Ribadavia

Predio

TitularesDatos do predio

Apelidos e nome

Enderezo-lugar de residencia

Natureza

do predio

Superficie que

se vai expropiar

Outros bens

indeminizables

Prezo xusto

28Loeda Vázquez, Javier

Estrada do Carballiño, nº 90

San Cristovo-Ribadavia

Viñedo595 m375 cepas664.813

31Herdeiros de Julia Gómez GonzálezMonte226 m177.738

121Bernárdez Gómez, José

Estrada do Carballiño, nº 149

San Cristovo-Ribadavia

Agrícola449 m353.116

243Domínguez Fernández, LeotinaMonte749 m589.051

253Fernández Deaño, Manuel

r/ Moreiras, nº 22

Monte1.274 m1.001.937

304-AAmil Fernández, Dolores

San Cristovo-Ribadavia

Monte849 m1 pozo756.946

309

Fernández Deaño, Antonio e Joaquín

r/ Moreiras, nº 22

San Cristovo

Agrícola

2.652 m

15 cepas

2 pozos

1 caseta

bloques

2.324.540

312-AGómez Feijóo, Jorge

Estrada da Veiga, nº 35

San Cristovo

Monte1.029 m809.257

319Cendón Amil, Sara

San Cristovo, s/n

Ribadavia

Monte986 m5 carballos827.940

319-ALópez Vázquez, Teresa

Estrada do Carballiño, nº 150

San Cristovo

Monte950 m747.127