Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador C-19/1999, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número C-19/1999, contra Francisco Caldelas Vidal, titular do establecemento denominado Bar M-3 e a empresa operadora Electrónicos Erma, S.A. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e o prego de cargos, por resultar descoñecido o domicilio particular de Francisco Caldelas Vidal, e intentada a notificación no establecemento, non foi posible.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data do 14 de xuño de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1. Incoar expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:

Á empresa operadora Electrónicos Erma, S.A.

Ó titular do establecemento Francisco Caldelas Vidal, DNI 44.812.148.

2. Nomear instructora e secretario do procedemento respectivamente a:

Margarita Olmo Bosco e José María Díaz Barús.

Prego de cargos.

1. Te-la empresa operadora Electrónicos Erma, S.A., o día 14 de maio de 1999, no establecemento denominado Bar M-3, sito na rúa Campo da Feira, nº 15-baixo do Concello de Padrón, do que é titular Francisco Caldelas Vidal, unha máquina recreativa tipo «A» modelo A-2596, serie nº 98-46 con guía de circulación nº 5098547 e autorización de explotación C-33571 e unha máquina B modelo B-2050 serie nº 98-1366 con guía de circulación nº 1391307 e autorización de explotación C-8513. No momento da inspección as máquinas carecen de habilitación, comunicación de instalación e boletín de instalación.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas, e de considerarse grave, corresponderíalle unha multa de 100.001 ata 1.000.000 de pesetas.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que considere pertinente na súa defensa, así como solicita-lo recibimento a proba do expediente expresando os puntos de feito sobre os que versará e articulando a proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e o secretario do procedemento, segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contado a partir do acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións.

A Coruña, 27 de setembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña