Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 6 de outubro de 1999 pola que se recoñece a Mopan, Sociedad Cooperativa Limitada, como Agrupación de Productores Agrarios (APA), para a comercialización de leite de vaca.

A entidade Mopan, Sociedad Cooperativa Limitada, con enderezo social en San Miguel de Penas, nº 1, 27568 Monterroso (Lugo), solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás Agrupacións de Productores e ás súas Unións.

Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3º do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

ACORDO:

Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de leite de vaca a Mopan, Sociedad Cooperativa Limitada, con ámbito territorial na provincia de Lugo.

Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no rexistro xeral de Agrupacións de Productores e ás súas Unións.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria