A entidade Sociedad Cooperativa del Campo Tierra Llana, con enderezo social no lugar de Matadoso, s/n, 27282 Castro de Rei (Lugo), solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de mar
zo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás Agrupacións de Productores e ás súas Unións.
Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3º do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
ACORDO:
Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de leite de vaca a Sociedad Cooperativa del Campo Tierra Llana, con ámbito territorial na provincia de Lugo.
Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no rexistro xeral de Agrupacións de Productores e ás súas Unións.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política
Agroalimentaria