Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.314

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (98/1999).

Eu, Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de execución número 98/1999 e acum., seguidos neste xulgado por instancia de Inmaculada Baliño Mallou e outra, contra a empresa Oliverio Pereiro Botana, sobre cantidade, por resolución desta data, acordouse sacar a poxa pública e polo termo de vinte días os bens embargados á executada, que logo se dirán, e sinalar para a realización da primeira poxa o día 11 de novembro deste ano; no caso de quedar esta deserta, sinálase para a segunda poxa e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 2 de decembro, e de resultar igualmente esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán licitacións que non superen o 25% respecto á primeira, o día 18 de xaneiro do ano 2000, todas elas ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, s/n do polígono das Fontiñas desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se

puidese realizar calquera das poxas nos días e horas sinalados, realizaranse o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados, rexéndose polas seguintes condicións:

a) Para formar parte na poxa os licitadores terán que consignar previamente o 20% do valor dos bens, que sirvan de tipo para esta.

b) Non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderanse facer licitacións por escrito en prego pechado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación á que se refire a letra a), xuntando xustificación dela, para realizar na conta de consignacións deste xulgado aberta na OP do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/ A Senra, número 3-5, conta número 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e as cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios se poderá efectuar en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese realizar calquera das poxas nos días e horas sinalados, realizaranse o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa.

Lote número un:

1.-Neveira de xeados marca Frigo, con abertura superior, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

2.-Neveira vertical, co anagrama Pepsi, marca Zanussi, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

3.-Forno de cocción, marca Fornotecnica, con aceiro exterior e mandos a ámbolos lados e á dereita inscrición luz, valorado pericialmente en 1.800.000 ptas.

Valor total do lote número un: un millón oitocentas sesenta mil pesetas (1.860.000 ptas.).

Lote número dous:

1.-Neveira conxelador mostrador, marca Friger, con base de cor branca e granate, valorada pericialmente en 400.000 ptas.

2.-Báscula NBC electronic, Fab. Epelsa, nº 024.190, valorada pericialmente en 32.000 ptas.

3.-Máquina rexistradora Sanyo, nº 63919400, valorada pericialmente en 50.000 ptas.

4.-Batedora, marca Noquinox, cor branca, nº 95355702 (aínda que o nº non está claro), valorada pericialmente en 300.000 ptas.

Valor total do lote número dous: setecentas oitenta e dúas mil pesetas (782.000 ptas.).

Lote número tres:

1.-Estantería de madeira, cor marrón clara, con 4 andeis cada unha delas, valorada pericialmente en 150.000 ptas.

2.-Laminadora XTS, cor branca, coa inscrición O Noso Pan. Non se atopa numeración, valorada pericialmente en 450.000 ptas.

3.-Formadora, marca Mapanva nº 4281, modelo MPV 550, valorada pericialmente en 225.000 ptas.

4.-Divisora manual, cor branca, sen numeración nin marca á vista, valorada pericialmente en 175.000 ptas.

Valor total do lote número tres: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

Valor total da taxación: tres millóns seiscentas corenta e dúas mil pesetas (3.642.000 ptas.).

Os ditos bens están depositados no domicilio da empresa executada, Oliverio Pereiro Botana, sito en Avda. Rosalía de Castro, nº 85, baixo-O Milladoiro-Ames, sendo depositario destes Oliverio Pereiro Botana.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o quince de setembro de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado