Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.314

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4507/1999).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Xulio López Valcárcel, en nome e representación do Concello de Bóveda, contra orde da CPTOPV do 10-6-1999, pola que se aproba a relación de aglomeracións urbanas suxeitas ó canon de saneamento para usos domésticos, que figura anexa á dita orde (DOG do 23-6-1999).

Recurso número: 02/0004507/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer

en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teranse por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 17 de setembro de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado