Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 34/1999.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: equipamento deportivo para o pavillón polideportivo da EU de Formación de Profesorado de EXB de Pontevedra. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: 37 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total, 11.880.142 ptas., IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, edificio anexo ó rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/Areal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de outubro de 1999.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo