Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto para a prestación de servicios en materia oncolóxica.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 33), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios en materia oncolóxica ós beneficiarios da Seguridade Social.

Adxudicatario: Fundación Centro Oncolóxico de Galicia-José Antonio Quiroga y Piñeyro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos