Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.247

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso 2/1999 convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso previsto no Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (DOG nº 135, do 15 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 2/1999.

Ámbalas relacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.

A solicitante excluída disporá dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para formular, se é o caso, as alegacións pertinentes.

A solicitante que dentro do prazo sinalado non corrixa os defectos motivo da exclusión será definitivamente excluída.

Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos diporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública