Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de setembro de 1999 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Belén de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Belén de Ourense no que solicita o cesamento de actividades do dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 4 de marzo de 1983, autorización excepcional e transitoria para catro unidades de educación xeral básica e unha de preescolar.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Visto o informe favorable da Delegación Provincial de Ourense.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Ourense.

Código do centro: 32008495.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: r/ Manuel Pereira, nº 13.

Denominación: Belén.

Titular: Mª Luisa Carles Calviño.

Autorización do cesamento de actividades do centro.