Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas ás que se refire o artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, para os corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), listas A1 e A2.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes ás que se refire o artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, para os corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), listas A1 e A2, efectuada proposta pola comisión permanente de selección para prazas de funcionarios en sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 1999, unha vez elevada esta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas ás que se refire o artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril,

para os corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), listas A1 e A2, que se publicarán do seguinte xeito:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública