Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 4 de outubro de 1999 pola que se amplía a dotación orzamentaria da do 27 de maio de 1999 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 13 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Debido ó importante volume de solicitudes recibidas de axuda a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques, e co fin de acada-los obxectivos de mellora das masas forestais, ordenación sostible dos montes, así como o fomento de programas de sensibilización e divulgación forestal, esta consellería considerou conveniente efectua-los trámites precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Neste sentido con data do 26 de xullo de 1999 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 19 de xullo de 1999 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 27 de maio de 1999 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 13 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Dado que, a pesar da publicación da Orde do 19 de xullo de 1999 aínda queda un importante número de solicitudes sen atender, é preciso incrementar de novo a dotación orzamentaria da Orde do 27 de maio 1999.

Na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-la dotación orzamentaria da Orde do 27 de maio de 1999 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 13 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques, polo que as accións previstas na orde se financiarán, no exercicio do ano 1999, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614-C 770.0 por un importe de 712.648.366 pesetas, e na aplicación 15.02.731-A 770.0 por un importe de 114.000.000 de pesetas.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente