Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, Diario Oficial de Galicia, do acordo de adhesión para a empresa Martínez de Lugo, S.L., polo que acordan adherirse ó convenio colectivo provincial vixente para as industrias siderometalúrxicas de Lugo.

Visto o texto do acordo de adhesión para empresa Martínez de Lugo, S.L. (código 2700542), da provincia de Lugo, asinado o día 5 de xullo de 1999, pola representación da citada empresa e a dos traballadores, polo que acordan adherirse ó convenio colectivo provincial vixente para as industrias siderometalúrxicas de Lugo, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e deposito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 6 de setembro de 1999.

(Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Reunidos, dunha parte Manuel Martínez Vázquez, con DNI 33.757.079, na súa calidade de director xerente e en nome e representación da empresa Martínez de Lugo, S.L.

Doutra parte, José C. Calvo Latas, con DNI 33.850.379, na súa calidade de delegado de persoal da empresa Martínez de Lugo, S.L., e en nome e representación de tódolos traballadores da empresa.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente plena capacidade legal para subscribi-lo presente acordo, o cal levan a cabo segundo os seguintes antecedentes:

1º Que as relacións laborais da empresa e os seus traballadores se veñen rexendo mediante un convenio colectivo de empresa.

2º Que as partes decidiron adherirse ó convenio colectivo provincial para as industrias de siderometalúrxica de Lugo.

3º Que ademais desexan preservar determinadas garantías que teñen certos traballadores.

É por iso que por medio do presente documento,

ACORDAN:

Primeiro.-Que a partir do 1 de xullo de 1999 as relacións laborais da empresa Martínez de Lugo, S.L., pasarán a se rexer polo convenio colectivo provincial para as industrias siderometalúrxicas de Lugo, aplicándose este convenio en tódolos seus aspectos a partir desde data.

Segundo.-Que as cantidades ás que se refiren o arigo 12 parágrafo 2º do convenio colectivo provincial para as industrias siderometalúrxicas de Lugo e que se manterán, como complemento ad personam, que non serán compensables nin absorvibles e que sufrirán os mesmos incrementos anuais que tivese o resto do convenio, supoñen no ano 1999 e par os traballadores que se relacionan as seguintes contías anuais:

TraballadorContía anual

Edelmiro Llanas Rozas617.448 ptas.

José Antonio Dorado Pin765.584 ptas.

Juan A. Carreira Valín510.584 ptas.

Manuel Rodríguez Jul705.496 ptas.

José C. Calvo Latas476.744 ptas.

Ángel Santos Díaz569.400 ptas.

Faustino Fernández Fernández419.352 ptas.

José Méndez Fernández538.600 ptas.

José R. Díaz Iglesias548.600 ptas.

TraballadorContía anual

Benigno E. Penela Seijas423.304 ptas.

José L. Espiñeira Teijeiro630.238 ptas.

Víctor Villa González549.400 ptas.

Edelmiro Fernández Rifón549.400 ptas.

Emilio Ruíz Ojea490.584 ptas.

Abelardo López Núñez738.232 ptas.

Rosa Mª Yáñez Castro559.944 ptas.

Vicente Felpeto López500.584 ptas.

Terceiro.-Os traballadores que se relacionan a partir da aplicación do novo convenio colectivo terán as seguintes categorías profesionais:

TraballadorCategoría

Edelmiro Llanas RozasViaxante

José Antonio Dorado PinXefe de taller

Juan A. Carreira ValínOficial 2ª Adm.

Manuel Rodríguez JulOficial de 1ª

José C. Calvo LatasOficial de 2ª

Ángel Santos DíazOficial de 1ª

Faustino Fernández FernándezOficial de 2ª

José Méndez FernándezOficial de 3ª

José R. Díaz IglesiasEspecialista

Benigno E. Penela SeijasOficial de 1ª

José L. Espiñeira TeijeiroXefe de 2ª Adm.

Víctor Villa GonzálezAlmaceneiro

Edelmiro Fernández RifónOficial de 1ª

Emilio Ruíz OjeaOficial de 2ª Adm.

Abelardo López NúñezJefe de 1ª Adm.

Rosa Mª Yáñez CastroOficial de 2ª Adm.

Vicente Felpeto LópezOficial de 2ª Adm.

Cuarto.-Así mesmo, ós traballadores que se citan aboaráselles a maiores do convenio unha cantidade denominada mellora que non será compensable nin absorbible con ningún outro incremento e que supón para cada un deles as seguintes contías anuais:

TraballadorContía anual

Edelmiro Llanas Rozas512.248 ptas.

José Antonio Dorado Pin184.390 ptas.

Juan A. Carreira Valín395.440 ptas.

Manuel Rodríguez Jul350.736 ptas.

José C. Calvo Latas252.192 ptas.

Ángel Santos Díaz317.616 ptas.

Faustino Fernández Fernández240.976 ptas.

José Méndez Fernández269.088 ptas.

José R. Díaz Iglesias270.544 ptas.

Benigno E. Penela Seijas241.744 ptas.

José L. Espiñeira Teijeiro456.862 ptas.

Víctor Villa González351.344 ptas.

Edelmiro Fernández Rifón285.674 ptas.

Emilio Ruíz Ojea270.000 ptas.

Abelardo López Núñez1.522.226 ptas.

Rosa Mª Yáñez Castro283.136 ptas.

Vicente Felpeto López271.200 ptas.

Ámbalas partes len o presente acordo, están conformes e asinan no lugar e data indicados no encabezamento.

Manuel Martínez VázquezJosé C. Calvo Latas

RubricadoRubricado