1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.
c) Número de expediente: SXCA 12/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento informático para a extensión do parque de usuarios de correo electrónico e web.
b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sito no polígono industrial Toedo, A Estrada (Pontevedra), ou no lugar que esta designe.
c) Prazo de entrega: no prazo dun mes, contado desde a data de notificación da adxudicación do concurso.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 37.800.000 ptas. (227.182,58 euros).
5. Garantías.
a) Provisional: 756.000 ptas.
b) Definitiva: 1.512.000 ptas.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de Información).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 28.
e) Telefax: 981 54 54 43.
f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da públicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o seguinte día hábil.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria