Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento informático para soporte dos grupos de traballo departamentais e para xestiona-los accesos web ás bases de datos corporativas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 11/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento informático para soporte dos grupos de traballo departamentais e para xestiona-los accesos web ás bases de datos corporativas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes: dous lotes (ver prego).

c) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sito no polígono industrial Toedo, A Estrada (Pontevedra), ou no lugar que esta designe.

d) Prazo de entrega: nun prazo inferior a un mes, contado desde a data de notificación da adxudicación do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns novecentas mil pesetas (37.900.000 ptas.) (227.783,59 euros).

Lote I: dezaoito millóns novecentas mil pesetas (18.900.000 ptas.).

Lote II: dezanove millóns de pesetas (19.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

a) Provisional. Lote I: 378.000 ptas. Lote II: 380.000 ptas.

Licitando ós dous lotes: 758.000 ptas.

b) Definitiva. Lote I: 756.000 ptas. Lote II: 760.000 ptas.

Licitando ós dous lotes: 1.516.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de Información).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da públicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o seguinte día hábil.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria