Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.165

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (115/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 115/1999, se acordou citar a Manuel Varela Vila, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 13 de outubro, ás 13.15 horas, compareza na sala de audiencia co obxecto de asistir ó oportuno xuízo de faltas, baixo o apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Manuel Varela Vila, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado