Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999 pola que se declara concluído o procedemento e vacante a praza do corpo de catedráticos de universidade da área de coñecemento de dereito internacional público e relacións internacionais (praza 50/1998).

Convocada a concurso por resolución da Universidade de Vigo do 23 de outubro de 1998 (BOE do 19 de novembro), unha praza do corpo de catedráticos de universiade da área de coñecemento de dereito internacional público e relacións internacionais.

Tendo en conta a proposta elevada pola comisión prevista no artigo 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro).

Este rectorado resolveu declara-la non provisión da praza referenciada do corpo de catedráticos de universidade e concluído o procedemento selectivo.

Vigo, 20 de setembro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo