Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalidez Física e Parálise Cerebral Aixiña.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalidez Física e Parálise Cerebral Aixiña (código convenio nº 3200702) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, dirección de empresa e, da parte social, comité de empresa, o día 29-6-1999, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 2 de setembro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalidez Física e Parálise Cerebral Aixiña, co persoal que presta os seus servicios en tódolos seus centros de traballo

Capítulo I

Sección primeira

Determinación das partes

Artigo 1º

Este convenio foi pactado por unha representación de tódolos traballadores da empresa Aixiña, a que se lle denominará representación social, composta polos seguintes traballadores:

José Ramón Novoa Vázquez, CIG.

Juana Alberta Hernández Rodríguez, CIG.

Luz Castro Díaz, CIG.

Xosé Lois Freire Domínguez, asesor da CIG.

Gloria Álvarez Vidal, UGT.

Hortensia Gómez Pérez, UGT.

E a representación da dirección da empresa, á que se lle denominará representación económica, composta polos seguintes membros:

Domingo Gómez Freire.

Recaredo Paz Prieto.

José Ramón Sánchez Vázquez.

Socorro Rúa Rodríguez.

Benito López Suárez.

Sección segunda

Ámbito territorial, funcional e persoal

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio serán aplicables ós distintos centros de traballo da Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalidez Física e Parálise Cerebral Aixiña, na provincia

de Ourense ou noutras nas que puideran instalarse talleres delegados.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

1. O convenio afectará a tódalas actividades dos distintos talleres dos centros de traballo e programas da asociación.

Os centros de atención a persoas con discapacidade física e parálise cerebral, clasifícanse nos seguintes tipos:

-Centro de Servicios Sociais.

-Centro Especial de Emprego.

Pola súa banda, dentro de cada un destes tipos de centros, establécese a seguinte subdivisión:

-Centro de Servicios Sociais:

-Centro Integral de Servicios Aixiña (Fca. Sevilla).

Residencia de Tempo Libre e Convivencias de Sanxenxo (Pontevedra).

Sede social e oficinas.

-Centro Especial de Emprego:

Taller de cablerías.

Taller de estores.

Taller de artesanía.

Talleres de subcontratación directa.

2. Definición dos centros.

2.1. Centro Integral de Servicios Aixiña (Fca. Sevilla):

É o centro onde teñen cabida as actividades sociais e asociativas así como os locais onde se situarán tódolos servicios de Aixiña agás aqueles para os que por razóns de funcionalidade sexa aconsellable outra localización.

2.2. Residencia de Tempo Libre e Convivencias de Sanxenxo (Pontevedra):

É o centro dedicado ás actividades sociais de Aixiña no eido do ocio e tempo libre (convivencias, colonias de verán, etc.), de acordo coa normativa interna que rexe a súa utilización.

2.3. Sede social e oficinas:

É un local baixo onde se sitúa o actual domicilio social e oficinas da Asociación Aixiña, situado na rúa Pena Trevinca, 32-baixo, de Ourense.

2.4. Centro Especial de Emprego:

O Centro Especial de Emprego (CEE) Aixiña número de rexistro 21/92 OR é unha empresa dependente da entidade xurídica Aixiña, constituída conforme o disposto no artigo 42 da Ley 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido, que ten como obxectivo principal realizar un traballo productivo, participando regularmente nas operacións de mercado e tendo como finalidade asegurar un emprego remunerado e a prestación de servicios de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores minusválidos a que asemade sexa un medio

de integración do maior número de minusválidos ó réxime de traballo normal.

O seu domicilio social atópase na rúa Pena Trevinca, 32-baixo, de Ourense, estando prevista a súa localización no Centro Integral de Servicios da Finca Sevilla.

A totalidade do cadro de persoal do CEE estará constituído por traballadores minusválidos sen prexuízo das prazas en cadro do persoal non minusválido, imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade.

A actividade económica do CEE será a de realizar traballos de montaxe de cablería do automóbil, estores de cortinas, traballos de artesanía e outros manuais, dentro do marco regulamentario establecido polo Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro (BOE do 9 de decembro) polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego definidos no artigo 42 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio é de aplicación, con exclusión de calquera outro, a tódalas persoas que presten os seus servicios efectivos por conta allea dentro dalgún dos talleres ou programas da asociación, así como os que ingresen nela durante a súa vixencia, con exclusión do alto persoal directivo ó que fai referencia o Estatuto dos traballadores, como, así mesmo, ós que ocupen postos de dirección e aqueloutros no traballo dos cales teña que observarse reserva obrigada.

O alto persoal directivo de Aixiña corresponde ós membros do consello de dirección e estará sempre excluído do ámbito deste convenio, non sendo remunerable o posto de presidente do dito consello.

O persoal da dirección e aquel que no seu traballo deba observar reserva obrigada estará excluído do ámbito do convenio, unha vez que sexa acordado pola comisión paritaria.

Queda, así mesmo excluído do ámbito persoal do convenio colectivo o persoal que se contrate para impartir programas de formación promovidos por Aixiña, en colaboración coa Administración pública e axentes sociais.

Sección terceira

Vixencia, prórroga e rescisión

Artigo 5º.-Ámbito temporal. Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e manterá a súa vixencia mentres non se asine outro que o substitúa, se ben os efectos economicos se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 6º.-Duración, prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será de 1 ano, é dicir, desde o 1-1-1999 ó 31-12-1999.

O presente convenio considerarase denunciado automaticamente ó termo da súa vixencia e prorrógase en tanto non se asine outro que o substitúa.

Sección cuarta

Compensanción e absorción ad personam

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo indivisible. As melloras económicas pactadas poderán ser absorbidas polas que no futuro poidan establecerse por disposición legal e polas que, con carácter voluntario veña aboando a empresa á entrada en vigor do acordo e unicamente terán aplicación práctica se globalmente superaran a este no nivel do cómputo anual. A remuneración total que á entrada en vigor deste convenio veña percibindo o persoal afectado por el, en concepto de retribución salarial, non poderá ser reducida polas aplicacións das normas que se establecen.

Con respecto ás demais situacións, serán respectadas, en todo caso, as máis beneficiosas que viñeran desfrutando os traballadores en virtude das normas ou pactos previos ad personam.

Sección quinta

Artigo 8º.-Organización práctica do traballo.

A facultade e responsabilidade da organización, racionalización, automatización, mecanización, estudio, reestructuración das seccións, revisión e valoración das quendas e postos de traballo, é facultade exclusiva da dirección da empresa, todo iso sen prexudica-la categoría profesional do traballador e tenderá a un aumento da eficacia e xestión da empresa, así como á máis esmerada entrega no seu cometido con respecto ó colectivo de minusválidos.

Sen mingua da autoridade recoñecida á dirección da empresa nos parágrafos anteriores, o comité de empresa ou delegados do persoal terán a función do asesoramento, orientación e racionalización do traballo, especialmente en relación ós postos dos traballadores minusválidos.

Artigo 9º.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto neste convenio, haberá que se ater ó disposto no contido da Lei 8/1980, do 10 de marzo; do Estatuto dos traballadores, a Lei 13/1982, do 7 de abril, da integración social do minusválido, e do Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo, que regula a relación de carácter especial dos traballadores minusválidos que traballan nos centros especiais de emprego; o Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, definidos no artigo 42 da Ley 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido; o Real decreto 2274/1985, do 4 de decembro, polo que se regulan os centros ocupacionais para minusválidos, e en xeral, á lexislación que en cada momento regule as relacións laborais.

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia, interpretación, mediación e arbitraxe do cumprimento deste convenio, sen menoscabo das funcións privativas que lle competen ó Estado, o seu domicilio

fíxase na sede social da Asociación para a Integración Social das Persoas con Minusvalidez Física e Parálise Cerebral Aixiña, sita na rúa Pena Trevinca, número 32, baixo, de Ourense, sin prexuízo das competencias legalmente atribuídas ás entidades administrativas e xudiciais correspondentes.

A comisión paritaria estará integrada polas mesmas persoas que en nome da representación das partes social e económica pactaron o presente convenio, podendo calquera das partes nomear asesores cando se reúna a comisión para tratar calquera tema.

A comisión paritaria reunirase con carácter extraordinario cando o solicite unha das partes. Na dita convocatoria, as partes solicitantes especificarán por escrito, cunha antelación mínima de cinco días, a orde do día e a data da reunión. Só nun caso de urxencia recoñecida por ámbalas dúas partes, o prazo será inferior.

Artigo 11º.-Vinculación á totalidade.

Constituíndo un só conxunto as condicións deste convenio, a non aprobación dalgunha delas pola autoridade laboral competente suporá a ineficacia do seu contido, non entrando en vigor, polo tanto, ningunha das cláusulas sen a afectación da totalidade por ámbalas dúas partes.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 12º.-Clasificación profesional.

As clasificacións do persoal consignadas no presente convenio son simplemente enunciativas, e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas e categorías enumeradas se as necesidades dos centros e servicios non o requiren.

O persoal que preste os seus servicios, tanto manuais como intelectuais, en calquera dos centros de traballo de Aixiña, clasificarase en atención ás funcións que desenvolva nalgún dos grupos que a continuación se relacionan.

Son, así mesmo, simplemente enunciativos os distintos cometidos asignados a cada categoría profesional, pois todo traballador estará obrigado a executar cantos traballos e operacións lle ordenen os seus superiores, dentro dos cometidos xerais propios da súa competencia sen menoscabo da súa dignidade.

Se un traballador permanece cumprindo funcións dunha categoría superior durante un tempo mínimo de seis meses ininterrompidos, poderá optar a solicitar que sexa clasificado na súa categoría profesional do posto de traballo que veña desempeñando:

Centro de Servicios Sociais

Grupo A. Persoal de xestión

Coordinador de Servicios Sociais

Grupo B. Persoal titulado grao superior

Titulado superior

Grupo C. Persoal titulado grao medio

Diplomado traballo social/asistente social

Terapeuta ocupacional

Grupo D. Persoal técnico

Educador

Monitor de taller

Grupo E. Auxiliares técnicos

Coidador

Auxiliar de coidador ou monitor

Grupo F. Persoal administrativo

Oficial administrativo

Auxiliar administrativo

Grupo G. Profesionais de oficio

Oficial primeira

Cociñeiro/a.

Oficial segunda

Oficial terceira

Axudante de cociña

Persoal de servicios domésticos

Persoal non cualificado

Aprendiz

Porteiro

Telefonista

Centro Especial de Emprego

Grupo A. Persoal de xestión

Coordinador de talleres do CEE

Grupo B. Persoal técnico

Coordinador comercial e relacións públicas

Xefe de producción de taller con máis de 10 traballadores

Oficial primeira

Oficial segunda

Oficial terceira

Grupo C. Persoal técnico

Xefe de producción de taller ata 10 traballadores

Oficial primeira

Oficial segunda

Oficial terceira

Grupo D. Persoal técnico de taller de artesanía

Técnico de taller de madeira

Técnico de taller de pintura, estaño e outras tecnoloxías

Oficial primeira

Oficial segunda

Oficial terceira

Grupo E. Persoal mercantil

Técnico comercial

Responsable centro de distribución

Viaxante

Dependente

Grupo F. Persoal de oficio

Encargado de producción

Oficial primeira

Oficial segunda

Oficial terceira

Conductor

Axudante

Peón especializado

Peón ordinario

Auxiliar de taller

Peón non cualificado

Aprendiz

Servicios xerais

Grupo A. Persoal de xestión

Coordinador servicios xerais centro integral de servicios

Grupo B. Persoal técnico titulado

Técnico de servicios administrativos

Técnico de servicios de persoal

Secretaría técnica

Grupo C. Auxiliares técnicos

Secretaria de Admón., coordinación e servicios xerais de persoal

Xestor social

Grupo D. Persoal administrativo

Oficial administrativo de primeira

Oficial administrativo de segunda

Auxiliar administrativo

Aprendiz

Profesionais de oficio

Encargado

Conductor con carné-1ª especial

Oficial de primeira

Oficial de segunda

Oficial de terceira

Persoal mantemento servicios xerais

Persoal de servicios domésticos

Persoal non cualificado

Grupo F. Persoal subalterno

Porteiro

Vixilante e garda

Recepcionista/telefonista

Reprógrafo

Persoal non cualificado

Artigo 13º.-Niveis salariais.

Os niveis salariais do persoal contratado por Aixiña fíxanse en 12 coas categorías profesionais que en cada un se especifican.

NivelCategorías profesionais de AixiñaSal. base

mes

Antigüidade

trienio

1Director-xerente do CIS (Centro Integral de Servicios)165.6487.644
2Coordinador de talleres do CEE145.8607.293
Coordinador de servicios sociais145.8607.293
Coordinador de servicios xerais145.8607.293
3Técnico especialista de producción de artesanía137.7006.885
Coordinador comercial e relacións públicas137.7006.885
4Titulado superior131.2746.564
Técnico de servicios administrativos131.2746.564
Técnico de servicio de persoal131.2746.564
Secretaría técnica131.2746.564

NivelCategorías profesionais de AixiñaSal. base

mes

Antigüidade

trienio

5Diplomado traballo social/asistente social127.0926.355
Terapeuta ocupacional127.0926.355
6Educador

Responsable centro distribución

117.7085.885
7Jefe de producción de taller106.2845.314
Secretaría de Admón, Coord. e SS xerais de persoal106.2845.314
8Encargado de servicios 98.9404.947
Conductores con carné de 1ª especial 98.9404.947
9Oficial primeira 94.0954.705
Conductor vehículos persoal ata 9 prazas 94.0954.705
Oficial administrativo primeira 94.0954.705
Coidador 94.0954.705
Monitor de taller 94.0954.705
10Vendedor/viaxante 85.6804.284
Oficial segunda 85.6804.284
Dependente 85.6804.284
Conductor vehículos mercancía 85.6804.284
Oficial administrativo segunda 85.6804.284
Cociñeiro/a servicios sociais 85.6804.284
11Peón especializado 81.6004.080
Auxiliar administrativo 81.6004.080
Auxiliar coidador ou monitor 81.6004.080
Oficial terceira 81.6004.080
12Peon ordinario 76.4403.822
Axudante cociña servicios sociais 76.4403.822
Axudante mercantil 76.4403.822
Persoal servicios domésticos 76.4403.822
Porteiro 76.4403.822
Vixilante e garda 76.4403.822
Auxiliar de taller 76.4403.822
Telefonista/Recepcionista 76.4403.822
Reprógrafo 76.4403.822
Persoal non cualificado 76.4403.822
Aprendiz

Capítulo III

Estipulacións concretas

Sección primeira

Ordenación salarial

Artigo 14º.-Conceptos que integran a retribución salarial.

A retribución salarial de acordo coas disposicións legais sobre ordenación do salario, está formada polos seguintes conceptos:

-Salario base.

-Complementos.

Artigo 15º.-Salario base.

Considérase salario base o establecido para cada categoria profesional segundo a táboa de niveis salariais que figura no anexo I do presente convenio colectivo.

O salario base verase incrementado na mesma porcentaxe na que o faga o SMI (salario mínimo interprofesional), de obrigado cumprimento nos centros especiais de emprego.

Artigo 16º.-Complementos de carácter persoal.

Son complementos as cantidades que, se é o caso, deban engadirse ó salario. Os complementos divídense en:

Antigüidade: aboarase por trienios segundo establece a táboa de niveis de antigüidade que figura no anexo II do presente convenio colectivo. O importe das cantidades que se perciban por este concepto non poderá supera-lo o 50 por 100, como máximo, do salario base.

Premio de vinculación: cada traballador que cumpra 5 anos de antigüidade na empresa e no citado período non fose sancionado, terá direito a percepción dunha cantidade de pagamento único por importe de sesenta e unha mil pesestas (61.080 ptas.), a tanto alzado, que se incrementará cada ano na mesma porcentaxe en que o faga o salario mínimo interprofesional.

A dita gratificación percibirase cada vez que o titular cumpra un múltiplo de 5 anos de antigüidade.

Quedan sen efecto, en relación co anterior, as sancións que figuren nos expedientes dos traballadores á data 1-7-1995.

Entenderase que o traballador non foi sancionado, cando no seu expediente persoal non figure o cumprimento de faltas de carácter grave ou moi grave, no período que fai referencia o premio de vinculación. Así mesmo a acumulación polo traballador de tres ou mais faltas graves no período dun ano terán a mesma consideración que se se tratase de falta moi grave, o que impediría o cobramento do dito premio de vinculación.

Ó persoal laboral da extinguida Asociación Auxilia-Ourense, trasvasado a Aixiña segundo acta notarial número 440 do 19-6-1996, contabilizaráselle a opción ó dito complemento a partir da data 1-4-1996 en que foron dados de alta na Seguridade Social por conta de Aixiña.

Artigo 17º.-Complementos de posto de traballo.

Complemento de nocturnidade: no momento en que en Aixiña se realice actividade laboral, entre as 10 da noite e as 6 da mañá, reuniráse a comisión negocidora do convenio, para concreta-la contía do complemento que percibirán os/as traballadores/as.

Complemento da especial responsabilidade: este complemento establécese para aqueles postos de traballo a categoría profesional dos cales implica unha responsabilidade especial, ben pola xestión que se vai desevolver ou pola competencia técnica esixible para dinamiza-las actividades de Aixiña.

A contía establecerase nas táboas salariais de Aixiña, percibíndose o dito complemento en doce mensualidades.

Os complementos de especial responsabilidade establécense para as seguintes categorías profesionais:

Director-xerente do CIS.

Coordinador de talleres CEE.

Coordinador de Servicios Sociais/xerais.

Coordinador comercial e relacións públicas.

Técnico de servicios administrativos e/ou persoal.

Secretaría Admon. coordenación e servicios xerais de persoal.

Conductor vehículos especiais de persoal.

Artigo 18º.-De vencemento periódico superior a un mes.

Pagas extras: todo o persoal afectado por este convenio terá dereito á percepción de dúas gratificacións extraordinarias nos meses de xullo e decembro, res

pectivamente. A contía das ditas pagas integrarase polos conceptos de salario base e antigüidade, segundo se especifica nas táboas salarias anexas I e II.

Estes importes ratearanse, no caso de que os traballadores leven menos dun ano na empresa.

Así mesmo, ó causar baixa na empresa percibirá a parte proporcional que lle corresponda.

Artigo 19º.-De productividade ou rendemento e calidade.

De productividade ou rendemento e calidade: este complemento poderá ser percibido por todo o cadro de persoal da empresa, sempre que quede acreditado o aumento de producción ou rendemento e calidade nas diversas actividades.

As cantidades que poidan percibirse por este complemento, así como os traballadores acredores del, deberán sempre xustificarse por escrito, por acordo entre a dirección da empresa e os representantes dos traballadores, coa periodicidade que regulamentariamente se estableza.

No caso de proceder ó seu aboamento, practicaranse á contía que se vai liquidar, que non poderá superar en ningún caso o 10 por 100 do salario base das categorías profesionais correspondentes ós traballadores acredores deste complemento.

Sección segunda

Indemnizacións e suplidos

Artigo 20º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos fóra do termo municipal onde radique o centro de traballo onde estean adscritos, percibirán a contía correspondente ós gastos ocasionados, que deberán xustificarse ante a empresa.

Cando para iso se utilice vehículo propio o traballador percibirá 27 ptas. por quilómetro. Así mesmo, os traballadores que habitualmente cobren comisión pactarán estas coa empresa.

Artigo 21º.-Traslados.

Haberá que se ater ó disposto no artigo 40 do Estatuto do traballador sobre mobilidade xeográfica.

No suposto dunha vacante, a dirección da empresa obrígase a llelo comunicar ós traballadores de similar categoría, para o caso de que puidese interesarlles, aceptando o traslado con caracter voluntario, en caso de producirse.

Sección terceira

Prestacións voluntarias de carácter social

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

A empresa concederalle a todo o persoal de cadro, o posto de traballo do cal requira, ó inicia-la prestación de traballo unha peza de roupa nova de traballo e posteriormente as previstas na Lei de prevención de riscos laborais.

Queda terminantemente prohibido utilizar roupa de traballo fóra das horas de servicio e será obrigatoria a súa utilización durante o tempo de servicio.

Artigo 23º.-Incapacidade transitoria.

Durante o período que o traballador afectado polo presente convenio estea de baixa como consecuencia de accidente laboral ocorrido na empresa, durante as horas de traballo ou nos desprazamentos que se efectúen fóra do lugar habitual deste, por necesidades da empresa e polo tempo indispensable de ida e volta, incluíndose o accidente in itinere, este percibirá o 100% do seu salario, debendo aboa-la empresa a diferencia, é dicir, o 25% restante.

Igualmente, o traballador terá dereito ó 100% do seu salario no caso de hospitalización durante o tempo en que dure calquera clase de IT, ata un máximo de 30 días.

Artigo 24º.-Xubilación anticipada e contratos de alternancia.

a) Para posibilita-la posta en práctica da modalidade especial de xubilación ós sesenta e catro anos, a parte empresarial obrígase a substituír simultaneamente o traballador por conta allea de sesenta e catro anos que se xubile por mutuo acordo con ela, por outro traballador nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985 e demais lexislación concordante.

b) Para a aplicación da xubilación anticipada parcial ós sesenta e dous e sesenta e tres anos con contrato de alternancia, haberá que se ater ó disposto no artigo 12.5º do Estatuto dos traballadores, á disposición transitoria cuarta da mesma norma e ó Real decreto 1991/1984.

Artigo 25º.-Licencias e concesións.

Os traballadores, logo de solicitude por escrito, avisando coa máxima antelación posible e xustificándoo adecuadamente, poderán faltar ó traballo, co dereito a percibi-lo salario contractual ou pactado, por algún dos motivos e coa duración que se indican:

a) Por tempo de quince días naturais, en caso de matrimonio.

b) Por parto da esposa ou compañeira con convivencia demostrada, tres días naturais.

c) Por tempo de tres días naturais, nos casos de enfermidade grave ou falecemento de fillo, cónxuxe, netos, irmáns, pais dun ou outro cónxuxe e avós. Cando con tal motivo o traballador necesite facer desprazamentos fóra da rexión, o prazo será de cinco días naturais.

d) Un día natural en caso de voda de fillos ou irmáns.

e) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consultas da Seguridade Social, tanto de médico de medicina xeral como dos especialistas, cando non sexa factible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo. Neste caso, o traballador, deberá presenta-lo correspondente xustificante expedido por aquel, certificando a efectiva asistencia á dita consulta.

No caso de asistencia a consulta dun especialista, o traballador deberá presenta-lo volante do médico de medicina xeral no que se envía ó especialista correspondente e a xustificación de que estivo na consulta deste último.

f) Un día natural por traslado do seu domicilio natural, na localidade de residencia e dous días naturais se é fóra da localidade de residencia.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal ó que se refire o artigo 37, letra d), do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

h) Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para tódolos efectos e non recuperables.

Artigo 26º.-Licencias non retribuídas.

Tamén poderá o persoal, ó que lle afecte este convenio, que leve un mínimo de dous anos de servicio na empresa, solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días, nin superior a sesenta e seralle concedido a partir dos quince días da petición, sempre que o permitan as necesidades do servicio e xustifiquen adecuadamente as razóns da súa petición.

Ningún traballador poderá solicitar nova licencia ata transcorridos dous anos do desfrute da última que lle fora concedida.

Artigo 27º.-Excedencias.

Recoñeceranse dúas clases: a voluntaria e a forzosa, nos termos e condicións establecidas no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Sen dereito ó aboamento de ningunha retribución, por asuntos propios que non admitan demora, solicitarase sempre por escrito e a empresa, tendo en conta as necesidades do servicio, resolverá nun prazo máximo de dous días, a menos que a perentoriedade do asunto requira da autorización inmediata e sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse se se alegasen causas falsas conforme a letra C do artigo 13 da Lei 1368/1985.

Artigo 28º.-Acción social.

Co fin de soluciona-los problemas de grave necesidade e de asistencia social que o persoal teña ou poida ter, créase unha comisión de asistencia social formada por seis membros, tres, pola parte económica, e tres, pola parte social, que se reunirán cando a situación o requira a petición de calquera dos membros, con facultade para dictaminar e decidir sobre as circunstancias que en cada caso se susciten, elaborando a proposta de axuda que, en cada caso, esixa e facendo viable dentro das posibilidades da empresa a súa solución.

Esta comisión estará integrada polos mesmos membros da comisión paritaria.

Artigo 29º.-Descontos por falta de traballo.

A parte proporcional do desconto que haxa que efectuarse nas pagas extras por falta de asistencia ó traballo, efectuarase en función dos días naturais de ausencia efectiva ó traballo.

Artigo 30º.-Axuda por xubilación e invalidez.

Ó producirse o feito da xubilación por cumprimento da idade regulamentaria ou ó producirse a cualificación de invalidez permanente total (por enfermide

común, enfermidade profesional, accidente laboral ou non laboral) e se o traballador levase máis de quince anos de alta laboral na empresa, recibirá desta por unha soa vez o importe íntegro de dúas mensualidades.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

A empresa deberá concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: (dous millóns) 2.000.000 de pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente absoluta ou gran invalidez: (tres millóns) 3.000.000 de ptas.

Para o persoal de nova incorporación á póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Artigo 32º.-Seguro de responsabilidade civil.

Aixiña procederá a concertar un seguro que cubra a responsabilidade civil profesional do persoal ó seu servicio que puidera derivarse do cumprimento das obrigas laborais.

A determinación das funcións e continxencias concretas que se consideren incluídas no obxecto do seguro efectuarase logo dos estudios de corredoría de seguros pertinente.

Sección cuarta

Xornada de traballo, horario e vacacións

Artigo 33º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo que hai que realizar durante a vixencia do presente convenio colectivo será de corenta horas semanais, preferentemente en réxime de xornada continuada e preferentemente de luns a venres.

En relación ó persoal de traballo, terase en conta o seguinte:

a) O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo para asistir a tratamentos de rehabilitación médico-funcionais e para participar en accións de orientación, formación e readaptación profesional, con dereito a remuneración sempre que tales ausencias non excedan de dez días nun semestre.

Como norma xeral, o descanso entre xornada e xornada será de doce horas.

Os traballadores a acción dos cales pon en marcha ou cerra a dos demais deberán amplia-la súa xornada polo tempo estrictamente preciso para iso, compensándose horas de exceso como extraordinarias polos descansos que correspondan.

Artigo 34º.-Horario de traballo.

O horario de traballo con carácter xeral será de seis a catorce horas e de catorce a vintedúas horas, cunha interrupción diaria de vinte minutos de descanso por xornada continuada entre luns e venres preferentemente.

O tempo de descanso de vinte minutos, establecido na xornada continuada, considerarase como tempo de traballo efectivo.

Será facultade privativa da dirección da empresa a organización nos centros de traballo de xornada partida cando as necesidades específicas dos servicios a prestar así o requiran, logo de consulta ó comité de empresa.

A empresa comprométese a facilita-lo máximo posible a asistencia a cursos de formación de calquera traballador/a que o solicite, modificando para iso o seu horario de traballo se fose necesario, no caso de a empresa se negara deberá de motivalo exhaustivamente.

Artigo 35º.-Calendario laboral.

No mes de xaneiro de cada ano elaborarase un calendario laboral pola dirección da empresa e o comité.

-O dito calendario deberá conter:

-O horario de traballo.

-Quendas de traballo, se as houbese.

-Distribución anual dos días de traballo.

-Festivos.

-Descansos semanais e outros días inhábiles.

O calendario laboral exporase nun lugar visible de cada centro de traballo.

Artigo 36º.-Vacacións.

Todo o persoal terá dereito a trinta días naturais de vacacións ó ano retribuídas mediante salario base máis antigüidade.

Por común acordo entre a empresa e o traballador, poderase convi-la división do período de desfrute das vacacións, cando as necesidades laborais ou persoais así o requiran.

As condicións xerais en materia de vacacións serán as seguintes:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional de vacacións, segundo o número de meses traballados, calculándose estas por doceavas partes e computándose como mes completo a fracción del.

b) O período de vacacións desfrutarase en calquera época do ano, de acordo coas necesidades do servicio.

c) Cada centro ou servicio confeccionará, no mes de marzo de cada ano e acorde coas normas establecidas para asegura-la continuidade do servicio, as listas en que figuren o período de vacacións que corresponda a cada traballador. As listas así confeccionadas serán sometidas á aprobación da dirección da empresa, procurando que estean confeccionadas, polo menos con dous meses de antelación.

d) Non poderá variarse a quenda de vacacións establecida salvo por necesidades ineludibles do servicio ou por circustancias especiais suficientemente xustificadas polo traballador.

e) As listas de quendas serán confeccionadas de acordo coas propostas dos traballadores afectados.

En caso de discrepancias, serán resoltas atendendo á antigüidade na empresa aínda que este dereito non poderá ser desfrutado máis dun ano pasando este mesmo dereito ó inmediato por antigüidade.

f) A distribución dos períodos de vacacións, se os houber, farase por acordo entre a dirección do centro e a representación dos traballadores, tendo en conta a natureza específica dos centros.

No caso de que o traballador estea de baixa, antes do desfrute das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período. En caso contrario, se a baixa se producise durante o desfrute delas, éstas seguirán correndo ata que se cumpra o período correspondente.

Sección quinta

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 37º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Os centros de traballo afectados por este regulamento estarán obrigados ó exacto cumprimento de tódalas disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, contidas no Estatuto dos traballadores no seu artigo 19 e en particular na Lei de prevención de riscos laborais, Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Así mesmo, será obrigatorio o cumprimento dos plans de urxencia contra incendios y de evacuación dos centros residenciais de Aixiña, conforme as instruccións que sexan dadas pola dirección do respectivo centro.

Artigo 38º

A dirección da empresa responsabilízase do Plan de urxencia contra incendios e de evacuación dos centros de Aixiña, comprometéndose a informa-lo comité de empresa ou delegados do persoal do contido do referido plan.

Capítulo IV

Ingresos, ascensos, cadros de persoal e escalas

Sección primeira

Ingresos

Artigo 39º

O ingreso do persoal axustarase ás normas legais xerais sobre o emprego dos traballadores e as especiais para os traballadores minusválidos que traballen nos centros especiais de emprego, conforme o disposto no Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo (BOE do 8 de agosto), que regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen nos centros especiais de emprego, podendo o CEE somete-los aspirantes ás probas de ingreso que considere oportunas.

Artigo 40º

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba, sempre que así se concerte por escrito, o período do cal será variable segundo a índole dos postos que se van cubrir e que non poderá exceder do tempo fixado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores. Nembargantes, co fin de facilita-la adaptación profesional do traballador minusválido para o desenvolvemento das tarefas que constitúen o contido do seu posto de traballo, ou se é o caso, completa-la formación necesaria para este, nos contratos

poderase pactar un período de adaptación ó traballo que, pola súa banda, terá o carácter de período de proba e a súa duración non poderá exceder de 6 meses.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal pero calquera das partes poderá desistir da relación do traballo sen que tal decisión dea lugar a indemnizacións.

Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

Artigo. 41º

O período de proba estipulado segundo o artigo anterior non poderá exceder do sinalado na seguinte escala:

Centro de Servicios Sociais:

Persoal de xestión: 2 meses.

Persoal titulado grao medio e superior: 2 meses.

Persoal técnico e auxiliares técnicos: 2 meses.

Persoal administrativo: 2 meses.

Gobernanta, oficial 1ª, cociñeiro/a, oficial 2ª, oficial 3ª, e axudante de cociña: 1 mes.

Persoal de servicios domésticos e persoal non cualificado e aprendices: 15 días.

Centro Especial de Emprego:

O persoal deste centro seguirá o contido da normativa que fixa o Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo, polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen en centros especiales de emprego. A duración do contrato de traballo considérase concertada por tempo indefinido e o período de proba terá unha duración que non poderá exceder de 6 meses (Art. 10.1º e 10.2º do citado R.D. 1368/1985).

Sección segunda

Ascensos

Artigo 42º

Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións e, coas excepcións que logo se sinalan, preferencia para cubri-las vacantes existentes en calquera dos seus grupos profesionais.

Os ascensos efectuaranse seguindo as normas que se expresan nos artigos seguintes.

Artigo 43º.-Persoal de xestión. Persoal técnico e persoal titulado grao medio e persoal técnico de Servicios Sociais.

As vacantes destes grupos cubriranse pola libre designación da dirección da empresa.

Artigo 44º.-Auxiliares técnicos de Servicios Sociais. Persoal administrativo. Profesionais de oficio, persoal subalterno e persoal técnico de artesanía.

As vacantes destes grupos cubriranse por antigüidade, dentro de cada especialidade, entre o persoal

da categoría inmediata inferior e sempre que aquel ó que lle corresponda sexa declarado apto na proba eminentemente práctica a que se someta. A falta do persoal apto cubrirase con persoal alleo á empresa.

Artigo 45º.-Persoal mercantil.

As vacantes deste persoal mercantil cubriranse de acordo coas seguintes normas:

a) As vacantes de técnico comercial e responsable de centro de distribución serán provistas libremente pola dirección da empresa.

b) As restantes vacantes do persoal mercantil cubriranse entre o persoal de categoría inmediata inferior e sempre que aquel/la a quen lle corresponda sexa declarado apto na proba eminentemente práctica a que se someta. A falta de persoal apto cubrirase con persoal alleo á empresa.

Artigo 46º

Cando as prazas que se van cubrir correspondan á proba de aptitude, a empresa anunciará nos seus respectivos centros de traballo, cunha antelación non inferior a dous meses da data de celebración da proba, as vacantes ou postos que hai que cubrir, datas en que deberán efectuarse os exercicios, programa que hai que desenvolver, condicións que se requiren para aspirar a aquelas, forma da súa celebración, méritos, títulos, diplomas e outros requisitos que xulguen preferentes, para acredita-la capacidade profesional dos interesados.

Artigo 47º.-Tribunais de cualificación.

Os tribunais que xulgarán o concurso-oposición ou proba de aptitude, para ingresos e ascensos, estarán presididos pola persoa que designe a dirección da empresa e formarán parte dela dous vocais en representación do persoal, os cales deberán ter igual ou superior categoría profesional que os das correspondentes prazas que se vaian de cubrir.

Sección terceira

Cadro de persoal e escalas

Artigo 48º.-Cadros de persoal.

Con independencia do censo persoal e escala, os centros confeccionarán un cadro de persoal comprensivo das necesidades reais do persoal.

Os centros poderán modifica-lo seu cadro de persoal sen máis requisitos que os esixidos polas disposicións vixentes sobre a materia.

No cadro de persoal inicial e nos sucesivos, a asociación poderá amortiza-las vacantes que se produzan, para efectos de acomoda-lo dito cadro de persoal ás necesidades reais do persoal, someténdose para iso a aquelas disposicións.

Artigo 49º

O cadro de persoal consistirá na relación numérica das categorías e grupos necesarios de acordo coas clasificacións laborais deste convenio e as escalas na relación nominal de tódolos traballadores que compoñen o cadro de persoal ordenados por categorías, coas súas circunstancias persoais e a súa antigüidade na empresa e na categoría.

Artigo 50º

Na confección e sucesivas modificacións do cadro de persoal dos centros e servicios será oído o comité da empresa ou delegados do persoal, tendo en conta a constante evolución das novas tecnoloxías nas actividades do sector, poderán adecuarse as porcentaxes do cadro de persoal ás específicas necesidades dos centros, logo de notificación á autoridade laboral correspondente.

Artigo 51º.-Escalas.

Os centros redactarán, no termo dos sesenta días seguintes á aprobación dos cadros de persoal á escala do persoal, coa separación dos grupos que o integran.

Na citada escala relacionarase o persoal por categorías, e dentro destas, por antigüidade no cargo ou categoría, facéndose constar ademais as circunstancias seguintes: nome e apelidos dos traballadores, data de antigüidade na empresa, categoría profesional e data de antigüidade na categoría.

A rectificación das escalas efectuarase anualmente.

Artigo 52º.-Recursos.

A empresa publicará a escala para o coñecemento do persoal, exposto no taboleiro de anuncios durante o prazo de quince días e os traballadores que se consideren prexudicados poderán reclamar por escrito no mesmo prazo ante a dirección da empresa.

No caso de ser denegada pola empresa a petición ou transcorrese un mes sen ter resolto sobre ela, poderán os interesados formular demanda ante a xurisdicción de traballo.

Seccion cuarta

Despedimentos e cesamentos

Artigo 53º.-Despedimentos.

Regúlanse da forma seguinte:

a) O persoal con contrato de duración indefinida só pode ser despedido por causa xustificada, de acordo coas disposicións legais e as normas contidas no capítulo VII deste convenio.

b) O persoal con contrato de duración determinada finalizará o seu contrato na data convida ou cando se produza a situación que provoque a extinción do contrato de traballo.

Artigo 54º.-Cesamentos.

Os traballadores que cesen voluntariamente ó servicio da empresa virán obrigados a poñelo en coñecemento dela por escrito, cumprindo como mínimo os seguintes prazos de aviso previo: 30 días naturais, agás o persoal non cualificado como peóns ou aprendices que será de 15 días naturais.

En caso contrario, perderá un día de salario por cada día de atraso no aviso, a deducir na liquidación que se practique e ata onde esta alcance.

Esta cantidades destinaranse ó fondo de acción social.

Artigo 55º.-Cesamentos por xubilación.

A xubilación poderase producir a vontade do traballador cando este cumpra os sesenta e catro anos

e será forzosa ó cumpri-los sesenta e cinco, salvo que por falta de cotización non teña dereito á pensión de xubilación; neste caso seralle prorrogado o seu contrato ata que cumpra o mínimo de cotización, sempre que se produza antes de cumpri-los setenta anos.

Capítulo V

Formación do persoal

Artigo 56º

Tódolos traballadores do cadro de persoal de Aixiña teñen dereito a participar nos cursos de perfeccionamento que organice a empresa.

Con tal fin, e cando as necesidades o requiran, a dirección da empresa proporalles ós representantes dos traballadores os plans formativos da empresa que teña intención esta de acometer nun período determinado.

Os ditos plans formativos serán, así mesmo, propostos á Administración pública e axentes sociais competentes para que o organismo que teña competencias formativas posibilite as axudas económicas necesarias para a realización dos cursos.

Artigo 57º.-Contrato de formación.

O contrato de formación axustarase ó previsto no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, modificado polo artigo 1.2º da Lei 63/1997 e demais normas de desenvolvemento coas peculiaridades seguintes:

a) A duración máxima do contrato poderá aplicarse logo do informe favorable do equipo multiprofesional cando, debido ó grao de minusvalidez e demais circunstancias persoais e profesionais do traballador, este non acadase o nivel mínimo de coñecementos requiridos para desenvolve-lo posto de traballo, sen que, en ningún caso, puidese exceder de catro anos.

b) O plan de formación deberá ser informado favorablemente polo equipo multiprofesional.

c) O tempo global correspondente ó ensino poderá alcanzar ata o límite máximo de dous tercios.

d) O período de proba será de dous meses.

Artigo 58º.-Contrato en prácticas.

Será aquel que se concerte nas condicións establecidas pola Lei 63/1997 e demais lexislación concordante.

A retribución salarial dos traballadores contratados en prácticas será do 80 por 100 e do 90 por 100 do salario fixado nas táboas salariais para os traballadores que desempeñen o mesmo ou equivalente posto de traballo, durante o primeiro e segundo ano de contrato de traballo, respectivamente.

Capítulo VI

Retribucións

Sección primeira

Disposicións xerais

Artigo 59º

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base, os seus complementos corresponden á xornada normal á que se refire o artigo 33º.

En relación co persoal minusválido, e no caso de que se celebrase contrato de traballo a baixo rendemento, aínda prestando os seus servicios durante unha xornada de traballo normal, faino co rendemento inferior ó normal nun 25 por 100, sempre que tal circunstancia fose constatada polo equipo multiprofesional correspondente, o salario correspondente á categoría con que se contrate quedará diminuído proporcionalmente ó menor rendemento pactado, sen que tal diminución poida exceder do 25 por 100.

Artigo 60º

O recibo de salarios será liquidado mensualmente, efectuándose o seu pagamento por medio de transferencia á conta corrente ou de aforro da entidade bancaria ou caixa de aforros que determine o traballador.

O recibo acreditativo do pagamento de salarios terá que axustarse ó modelo autorizado pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario

Artigo 61º.-Salario base.

A retribución salarial establécese sobre a base do salario fixo en función da categoría profesional do traballador.

Os salarios base correspondentes ás distintas categorías porfesionais, entendidos como a parte das retribucións do traballador que se fixa por unidade de tempo, sen considera-las circunstancias determinantes dos seus complementos, fixarase mediante convenio colectivo entre a empresa e os seus traballadores.

Capítulo VII

Premios, faltas e sancións

Seccion primeira

Premios

Artigo 62º

Co fin de recompensa-la conducta, rendemento, laboriosidade e cualidades sobresaíntes do persoal, estimulando ó propio tempo para que se supere no cumprimento das súas obrigas a empresa establecerá os correspondentes premios e outorgaranse individualmente ou por grupos.

Para o mellor servicio da xustiza e máxima eficacia do que se pretende, procurarase ponderar estreitamente as circunstancias do caso, para que ningún acto que o mereza poida quedar sen premio, nin se outorgue a quen non sexa acredor del.

O procedemento, contía dos premios e outras circunstancias serán as que se citen nos artigos seguintes nesta sección.

Artigo 63º

1. Sinálanse como motivos dignos de premios os seguintes: espírito de servicio e espírito de fidelidade.

2. Consiste o espírito de servicio en realizar este, non de modo formulario e corrente, senón con entrega total de tódalas facultades do interesado, subordi

nando a iso a súa comodidade e mesmo os seus intereses particulares, sen que nada llo esixa.

3. O espírito de fidelidade acredítase polos servicios continuados á empresa durante dez anos consecutivos, sempre que no citado período o traballador non fose sancionado.

4. Con independencia do anteriormente sinalado poderanse establecer premios para actuacións en casos concretos tales como prevención de accidentes, rapidez na urxente prestación de socorros, a conservación e trato da materia e útiles de traballo, o trato correcto cos demais compañeiros, como así mesmo, introducción de melloras para o incremento da producción ou economía da empresa.

Artigo 64º

Para premia-las conductas descritas no artigo anterior establécense as seguintes clases de premios:

1. Premio de vinculación, establecido no artigo 16º deste convenio.

2. Aumento das vacacións ata o dobre das que regulamentariamente lle correspondan ó interesado, sen mingua dos seus haberes ou salarios.

3. Bolsas de estudios ou perfeccioamento.

4. Cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.

5. Cartas de felicitacións.

6. Ascensos ou postos de confianza.

7. Propostas ós organismos competentes de carácter oficial, para que estes, de conformidade coa lexislación vixente, otorguen o premio oportuno.

Artigo 65º

A concesión de premios efectuarase en expediente instruído pola dirección da empresa por instancia dos xefes ou compañeiros do centro de traballo, ou dos representantes dos traballadores, ou ben por iniciativa da propia dirección.

Sección segunda

Faltas

Artigo 66º

As faltas clasifícanse, en consideración coa súa importancia, transcendencia e malicia, en leves, graves e moi graves.

Artigo 67º

Considéranse faltas leves, de modo enunciativo, as seguintes:

1. As faltas de puntualidade, ata tres nun mes, na asistencia ó traballo, cun atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta en horario de entrada.

2. Non notificar nun prazo de vintecatro horas seguintes á ausencia os motivos que xustifican a falta ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do traballo sen causa xustificada por breve tempo.

4. Falta de aseo ou limpeza persoal.

5. Non comunica-lo cambio de domicilio.

6. Discutir sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse como faltas graves ou moi graves.

7. A falta ó traballo nun día ó mes sen a debida autorización ou causa xustificada.

8. A embriaguez ocasional.

9. Neglixencia no cumprimento das normas e instruccións recibidas.

10. Non atende-lo público coa corrección debida.

Artigo 68º

Consideraranse faltas graves, de modo enunciativo, as seguintes:

1. Máis de tres e menos de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificación, durante un mes.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na situación familiar do traballador, que poidan afecta-la Seguridade Social, así como o atraso inxustificado na entrega á empresa dos partes de baixa de enfermidade ou accidente, conforme dispón a lexislación vixente.

4. Entregarse a xogos ou distraccións durante as horas de traballo, sexan estes da clase que sexan.

5. Non presta-lo traballador debida atención ó traballo encomendado, sendo advertido polo seu xefe previamente.

6. Desobedecer manifestamente as instruccións dos superiores en materia de traballo, con prexuízo á empresa ou ós minusválidos.

7. Simula-la presencia doutro traballador, valéndose da súa sinatura, ficha ou tarxeta de control.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del.

9. A imprudencia no acto do servicio que implique risco grave de accidente ou avaría das instalacións, maquinaria ou vehículos. Poderá considerarse falta moi grave de existir malicia.

10. Realizar sen o oportuno permiso, traballos particulares na obra, centro de traballo ou ruta de vendas ou reparto, así como utilizar para os seus usos persoais ferramentas ou vehículos da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo.

11. A reincidencia en faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre.

12. O quebranto ou violación do segredo de reserva obrigada, cando se lle produzan graves prexuízos á empresa.

13. Non advertir inmediatamente os seus xefes de calquera anomalía de importancia que se observe nas instalacións.

14. Os descoidos e erros que se repitan con frecuencia ou os que lle orixinen prexuízos á empresa,

así como a ocultación maliciosa destes erros á dirección.

15. Falta notoria de respecto ou consideración ó público.

Artigo 69º

Consideraranse faltas moi graves, de modo enunciativo as seguintes:

1. A simulación de enfermidade ou accidente.

2. A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo cando dela se deriven prexuízos notorios á empresa ou para os demais traballadores.

3. A diminución voluntaria e continuada no rendemento de traballo.

4. Proporcionarlle información falsa á dirección ou a calquera superior, en relación co servicio de traballo, salvo no caso evidente de falta de mala fe.

Nese suposto será reputada de leve ou grave segundo a contía do prexuízo ocasionado.

5. Agravar voluntariamente ou con malicia, calquera enfermidade ou accidente.

6. Salir con paquetes ou envoltorios do traballo, negándose a dar conta do seu contido cando fose solicitado polo persoal encargado desta misión.

7. Os descoidos de importancia na conservación e limpeza de materiais, máquinas, instalacións e vehículos.

8. Máis de dez faltas de puntualidade, non xustificadas, cometidas no período de seis meses.

9. Faltar ó traballo tres ou máis días no prazo de trinta días sen causa xustificada.

10. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas, o furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou calquera persoal, durante estes actos de servicio, ou facer negociacións de comercio ou de industria por conta propia ou doutra persoa sen expresa autorización da empresa.

11. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos nas materias primas, pezas elaboradas, obras, útiles, ferramentas, máquinas, vehículos, aparellos, instalacións, edificios, enxoval, etc., así como expresamente as faltas inxustificadas de productos recibidos na parte de carga para autovenda ou reparto.

12. A condena por delictos dolosos, calquera que sexa a súa natureza, dictada pola autoridade competente.

13. A continua e habitual falta de aseo e limpeza, cando sexa de tal índole que produza queixa xustificada dos seus compañeiros.

14. A embriaguez ou uso de drogas habitual no traballo.

15. Revelar a persoa estraña á empresa datos de reserva obrigada.

16. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados á empresa.

17. Dedicarse a actividades que, evidentemente, impliquen competencia á empresa.

18. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto ou consideración ós xefes, familiares, compañeiros de traballo e subordinados.

19. A blasfemia habitual ou con escándalo.

20. Causar accidente grave por imprudencia ou neglixencia inescusable.

21. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

22. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo semestre.

23. O abuso de autoridade por parte dos xefes.

24. A insubordinación no sentido de ameaza ou en forma coercitiva.

25. Orixinar frecuentes e inxustificadas rifas e pendencias entre o persoal.

26. O acoso sexual, cando afecte.

Artigo 70º

As sancións que proceda impoñer en cada clase, segundo as faltas cometidas, serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

2. Por faltas graves:

a) Amoestación por escrito.

b) Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

3. Por faltas moi graves:

a) Amoestación de despedimento.

b) Suspensión de emprego e soldo de quince a sesenta días.

c) Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

d) Traslado forzoso a outro centro de traballo da empresa sen dereito a indemnización ningunha.

c) Despedimento.

Sección cuarta

Procedemento

Artigo 71º

Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de impoñer sancións por faltas leves, graves e moi graves, dándolle traslado ó comité de empresa. En canto á concesión de premios, haberá que aterse ó disposto neste convenio colectivo

Artigo 72º

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir

da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós tres meses de se ter cometido.

Capítulo XIV

Acción sindical

Artigo 73º

Os traballadores dos distintos centros de traballo terán o dereito de representación colectiva e de reunión previstas no título II da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 74º

Os traballadores terán dereito a participar na negociación colectiva coa dirección da empresa, a través dos seus representantes legais, ben comités de empresa ou delegados de persoal, segundo proceda, conforme dispón o título III da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 75º

Os traballadores terán, así mesmo, dereito a sindicarse libremente para a promoción e defensa dos seus intereses económicos e sociais, a través das actividades que recolle a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Capítulo IX

Sección primeira

Outras disposicións

Artigo 76º.-Intervención da comisión paritaria en conflictos colectivos.

Será preceptivo, como trámite previo á formulación dun conflicto colectivo nos termos establecidos no Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, a formulación da cuestión obxecto do conflicto colectivo ante a comisión paritaria.

Artigo 77º.-Cláusula de garantía.

Se durante a vixencia do presente convenio colectivo se producise algún cambio na titularidade dos centros de Aixiña ou transferencia da xestión, a dita modificación non afectará o acordado neste convenio, que terá a consideración de norma mínima.

ANEXO I-A

Táboa salarial por niveis para 1999

NivelSalario base

mensual

(doce pagas)

Pagas extras

(dúas pagas)

Salario base

máis pagas

extras anuais

1165.648165.6482.319.072
2145.860145.8602.042.040
3137.700137.7001.927.800
4131.274131.2741.837.836
5127.092127.0921.779.288
6117.708117.7081.647.912
7106.284106.2841.487.976
898.94098.9401.385.160
994.09594.0951.317.330
1085.68085.6801.199.520
1181.60081.6001.142.400
1276.44076.4401.070.160

ANEXO II-A

Táboa de antigüidade por niveis para 1999

NivelAntigüidade mensual

(catorce pagas)

Antigüidade anual

(un trienio)

18.282115.948
27.293102.102
36.92696.964
46.56491.896
56.35589.970
65.88582.390
75.31474.396
84.94769.258
94.70565.870
104.28459.976
114.08057.120
123.82253.508

ANEXO III

Táboa de complementos por postos de traballo

de especial responsabilidade para 1997

NivelCategoría profesionalMensual

ptas.x12

Anual

ptas.

1Director-xerente do CIS20.000240.000
2Coord. talleres CEE10.000120.000
Coord. servicios sociais/xerais10.000120.000
3Coord. comercial e relacións públicas 6.000 72.000
4Técnico servicios administrativos e/ou persoal 6.000 72.000
7Sª Admón., Coord. Serv. xerais persoal 6.000 72.000
8Conductores carné 1ª especial 6.000 72.000
11Complemento calidade producción 3.000 36.000
12Complemento Esp. producción (SMI) 6.000 72.000

ANEXO IV

Relación de centros de traballo

1. Centro de traballo: sede social (oficinas e Admon. xeral).

Lugar: rúa Pena Trevinca, nº 32-baixo 32005 Ourense.

Actividade: servicios Adtvos. de talleres e asociativos.

2. Centro de traballo: residencia Aixiña.

Lugar: rúa de Vigo, Edif. Pirsamar, nº 5, 1º, 2ª Esc. Sanxenxo (Pontevedra).

Actividade: centro de colonias e actividades de ocio e tempo libre.

3. Centro de traballo: locais de artesanía e signos.

Lugar: estrada Nac. 525, número 7 (Seixalbo).

Actividade: fabricación de artesanía cerámica.

4. Centro de traballo: Centro Integral de Servicios Aixiña.

Lugar: área dotacional da finca Sevilla Ourense.

Actividade: centro para desenvolvemento de áreas de formación, integración laboral e servicios sociais de Aixiña.

ANEXO V

Definición das categorías profesionais

Centros de servicios sociais

Grupo A: persoal de xestión.

1. Coordinador de Servicios Sociais: é a persoa que coordinará tódolos servicios de orientación, información e xestión que oferte a asociación.

Cando a responsabilidade desta coordinación veña representada polo presidente da asociación ou por calquera outra persoa voluntaria, este posto non poderá ser remunerado.

Grupo B: persoal titulado grao superior.

2. Titulado superior: é o profesional que, baixo a dependencia do coordinador de Servicios Sociais ou persoa en quen delegue, exerce as funcións propias da súa especialidade.

Grupo C: persoal tituado grao medio.

3. Diplomado traballo social/asistente social: son aqueles que estando en posesión do título de grao medio respectivo desempeñan no seu centro funcións propias da súa profesión en dependencia, así mesmo, da dirección do centro.

4. Terapeuta ocupacional: é o profesional coa titulación adecuada que, baixo a dependencia do director do centro, realiza os tratamentos específicos para a recuperación funcional do minusválido, co fin de obte-lo seu adestramento en actividades da vida diaria.

Grupo D: persoal técnico.

5. Educador: é o profesional que, en posesión da formación básica de bacharel superior ou formación profesional de segundo grao, ten ó seu cargo a formación e atención a persoal minusválido no referente á hixiene, ocio, tempo libre, talleres, etc... segundo as directrices marcadas pola dirección do centro.

6. Monitor de taller: é o profesional con capacidade e funcións polivalentes que presta servicios complementarios para a atención de minusválidos, ben en talleres ocupacionais como en talleres de laborterapia, en relación á formación profesional e/ou habilitación persoal que posibilite a recuperación das capacidades operativas da persoa minusválida.

Depende do presidente da entidade ou persoa en que este delegue.

Grupo E: auxiliares técnicos.

7. Coidador: é o traballador que, con capacidade e funcións polivalentes, presta servicios complementarios para a asistencia e atención do minusválido físico, calquera que sexa o seu grao de minusvalidez, coidando da orde e execución de actividades en tódolos actos do día e da noite, colaborando co educador -se o houbese- en programas de adquisición de hábitos e, mesmo, de modificación de conducta, podendo te-la responsabilidade de minusválidos en actividades de aseo persoal, habitacións, coidado hixiénico, alimentación, ocio, tempo libre, excursións, campa

mentos, atención de rutas e demais funcións asistenciais e de integración que lle sexan encomendadas.

Dependerán do director do centro ou persoa en quen delegue.

8. Auxiliar de coidador ou monitor: son os traballadores que, con coñecementos prácticos da especialidade para a que son contratados, desempeñen funcións auxiliares dos coidadores e monitores, para a tención dos minusválidos tanto en centros de día como en residencias.

Dependerán do coidador ou monitor ó que sexan asignados ou directamente do director do centro.

Grupo F: persoal administrativo.

9. Oficial administrativo/secretaria de Administración de servicios sociais: son os empregados maiores de vinte anos que actuan ás ordes dun xefe se o houber ou directamente do presidente da asociación e teñen ó seu cargo un servicio determinado dentro do cal, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, realizan traballos que requiren cálculos, estudios, preparación e condicións adecuadas, tales como cálculos de estatísticas, contabilidade xeral e aplicada, redacción de correspondencia con iniciativa propia, Administración de persoal, de forma manual ou mediante utilización de ordenador e calquera operación análoga.

10. Auxiliar administrativo: é aquel empregado que se dedica, dentro das oficinas, a operacións elementais administrativas e en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daquelas.

Grupo G: profesionais de oficio.

11. Oficial de primeira: é o operario especializado que realiza os seus traballos con tal grao de perfección que non só permite levar a cabo os que sexan xerais del, senón que outros que supoñen un especial coñecemento, empeño e delicadeza, sabendo ler e interpretar bosquexos e planos complicados e de calquera tipo relacionados co seu traballo e especialidade.

12. Cociñeiro/a: é aquel ou aquela que ten ó seu cargo a preparación do menú, tendo ó seu cargo axudantes de cociña; deberá coida-la súa debida preparación e presentación, así como a orde e limpeza da súa dependencia; depende da gobernanta.

13. Oficial de segunda: é o operario que, sen chegar á especialización esixida para o oficial de primeira, executa as da súa especialidade coa a suficiente corrección e eficacia. Nesta categoría inclúese o oficial de mantemento, conductor, pintor, xardineiro, etc.

14. Oficial de terceira: é o operario que, colaborando normalmente cos oficiais de primeira e de segunda, executa traballos cualificados que esixen habilidade e coñecemento profesional.

15. Axudante de cociña: é o operario que está ás ordes do cociñeiro/a e o axuda nas súas funcións.

16. Persoal de servicios domésticos: é aquel que ás ordes dos profesionais de oficio que lle correspondan, realiza o seu traballo en comedor, lavandería,

zona de pasado de ferro, costura e limpeza dos centros.

17. Persoal non cualificado: é aquel ó que se lle confían traballos elementais para os cales non se require preparación ningunha nin coñecemento teórico-práctico de ningunha clase, requiríndose predominantemente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo que se lle ordene, en calquera dependencia do centro de servicios sociais.

18. Aprendiz: é o persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo cualificado nos centros de servicios sociais de Aixiña.

19. Porteiro: é aquel que coida dos accesos ós centros e dependencias, controlando as entradas e saídas de persoas, realizando funcións de custodia e vixilancia.

20. Telefonista: establece as comunicacións telefónicas do centro, tanto interiores como exteriores, velando polo bo funcioamento da central.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro (BOE do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto neste convenio colectivo.

Centro especial de emprego

Grupo A: persoal de xestión.

1. Coordinador CEE: é o xestor que, dependendo do director xerente do CIS, ten por misión coordina-las actuacións do persoal técnico de producción dos centros especiais de emprego, co obxecto de lle dar unidade organizativa ó mesmo.

Grupo B: persoal técnico de montaxe de cablerías.

2. Coordinador comercial e relacións públicas: é o xestor que, dependendo do director comercial, ten por misión coordina-las actuacións do persoal mercantil dos centros especiais de emprego, co obxecto de lle dar unidade organizativa a este.

3. Xefe de producción de taller con máis de dez traballadores: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeira, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE, ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulación, inspección, e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exercer de xefe dentro das funcións referentes á utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que este delegue.

4. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

5. Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

6. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

Grupo C: persoal técnico de montaxe de estores.

7. Xefe de producción de taller ata dez traballadores: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeira, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulación, inspección e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exercer de xefe dentro das funcións referentes a utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que este delegue.

8. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

10. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

Grupo D: persoal técnico de artesanía.

11. Xefe de producción taller de artesanía: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeira, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulación, inspección e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exercer de xefe dentro das funcións referentes á utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que este delegue.

12. Xefe de producción taller de madeira: é o técnico que, coñecendo as especificacións dentro do taller da madeira, encomenda as funcións concretas que van realiza-los traballadores del, sendo responsable inmediato de tódolos traballadores da sección de madeira.

Dependerá do técnico responsable do taller.

13. Técnico de taller de pintura, estaño e outras tecnoloxías: é o técnico que, coñecendo as especificacións dentro do taller da madeira, encomenda as funcións concretas que van realiza-los traballadores del, sendo responsable inmediato de tódolos traballadores da sección de madeira.

Dependerá do técnico responsable do taller.

14. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

15. Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

16. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do Centro de Servicios Sociais. Depende do técnico responsable do taller.

Grupo E: persoal mercantil.

17. Técnico comercial: é o responsable da organización da sección comercial, tendo baixo a súa dirección a todo o persoal dela.

Dependerá do coordinador comercial se o houber e, en defecto de este, do subdirector xeral comercial.

18. Responsable do centro de distribución: é quen, ás ordes inmediatas do técnico comercial, está á fronte dun almacén.

Terá ó seu cargo: a recepción, conservación, control e reposición de mercadorías, o rexistro de entrada e saída, ben sexa de provedores ou clientes.

Os pedidos para mante-lo normal equilibrio no seu stock.

A confección e control da caixa.

A vixilancia, control e mantemento das existencias inventariadas.

19. Vendedor: é o empregado que ó servicio exclusivo de Aixiña e viaxando á ruta previamente establecida, que lle está encomendada, ben en sistema de prevenda ou autovenda, realiza as funcións propias de venda, tales como: ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informa-los clientes, transmiti-los encargos recibidos..., coidando do seu cumprimento fóra do tempo dedicado ás viaxes, sen menoscabo da súa dignidade profesional.

Todo iso con iniciativa e responsabilidade propia e co maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido.

Depende do técnico comercial e, eventualmente, poderá substituír a este nas súas funcións en caso de ausencia temporal del, se para iso fose requirido pola dirección da empresa.

20. Dependente: é o empregado encargado de realiza-las vendas en establecementos comerciais con coñecementos prácticos dos artigos dos que o despacho lle está encomendado, en forma que poida orienta-lo público nas súas compras.

Deberá coidar:

-O reconto de mercancías para solicita-la súa reposición en tempo oportuno.

-A orde e limpeza dos productos no lugar da súa exposición ó público.

-Deberá posuír, ademais, os coñecementos de cálculo mercantil que sexan necesarios para efectua-las vendas.

Todo iso ás ordes do técnico comercial, e co maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido, para alcanza-los niveis de rendemento máximos esixibles na función de vendas que se lle encomendan.

Grupo F: persoal de oficio

21. Encargado de producción: é o profesional que, ás ordes do técnico de producción e coñecendo todas tódalas especificacións dentro do taller, organiza o traballo; colabora e resolve problemas de formulación e estructura do traballo; análise, descrición e especificación de tódalas clases de tarefas e postos de traballo do taller.

Da mesma maneira colabora co técnico de producción en orzamentos e deseños e de todas aquelas tarefas da súa especialidade.

Transmitirá os seus coñecementos profesionais o persoal ó seu cargo conseguindo que sempre estea presente a orde e a calidade profesional e humana dentro do centro de traballo.

22. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico responsable do taller.

23. Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico responsable do taller.

24. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico responsable do taller.

25. Conductor: é quen, pola índole do seu traballo, conduce un vehículo sen axudante para a carga, descarga, e entrega de mercadorías, tendo coñecementos suficientes para efectuar pequenas reparacións de mecánica.

Así mesmo será responsable da carga ata a entrega dela, e dos cobramentos das facturas que sexan ó contado.

Colaborará co vendedor no peche da operación ante o cliente, se fose necesario.

Informará ó cliente acerca do produto, recollerá calquera tipo de demanda deste e presentaraa ante a empresa.

Todo isto con maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido.

Dependerá directamente do responsable do centro de distribución, baixo a supervisión e control do técnico comercial.

26. Axudante: é o profesional que ás ordes dun oficial de primeira ou de segunda, realizará cantas tarefas lle sexan encomendadas con habilidade e destreza, sendo estes os que o orienten nos traballos de maior complexidade.

Nos momentos de dificultade deberá ser atendido por un oficial de superior categoría ou responsable de sección.

27. Peón especializado: esixe unha responsabilidade particular e coñecemento profesional, que non pode ser conseguido máis que por unha intensa práctica da responsabilidade ou por unha aprendizaxe metódica.

Realizará as funcións propias da súa especialidade con habilidade consumada, espírito de iniciativa e completa responsabilidade, pero considerarase que debe ser axudado por un oficial de segunda ou primeira para executa-los traballos típicos dos oficios con completa habilidade.

No momento en que atope dificultades deberá ser atendido por un oficial de superior categoría ou responsable de sección.

28. Peón ordinario: é o operario que ás ordes dun superior, realiza certas operacións dentro de calquera sección para as que principalmente se require esforzo físico, cooperando cos oficiais nas tarefas que lles encomenden.

29. Auxiliar de taller: é o operario que, ás ordes dun monitor de taller, realiza labores de manipulado en calquera das seccións do centro especial de emprego, colaborando cos peóns ordinarios ou especializados.

30. Peón non cualificado: é o operario que realizando as mesmas funcións có peón ordinario ten unha maior limitación para esforzos físicos, así como menor rendemento laboral ca aquel.

31. Aprendiz: é o persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desenvolvemento adecuado dun oficio ou un posto de traballo cualificado no centro especial de emprego de Aixiña.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro, (BOE do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto no convenio colectivo.

Servicios xerais.

Grupo A: persoal de xestión.

1. Coordinador de servicios xerais do CIS: é o xestor que, dependendo da dirección xerencia, ten por misión coordina-las actuacións do persoal técnico de Aixiña para consegui-la unidade de xestión administrativa en tódolos centros e actividades que xestiona a asociación.

Grupo B: persoal técnico titulado.

2. Técnico de servicios administrativos: é quen dispondo da titulación académica media ou superior e ás ordes inmediatas do coordinador de servicios administrativos, ten a responsabilidade da planificación administrativa xeral de Aixiña, e organiza o traballo do persoal administrativo dos centros e actividades da asociación.

3. Técnico de servicios de persoal: é quen, ás ordes do subdirector xeral enocómico-financeiro, e dispondo de tituación media ou superior adecuada, ten a responsabilidade do bo funcioamento da administración de persoal de Aixiña, así como da súa organización. Deberá estar ó tanto da lexislación e disposicións oficiais que se dicten en materia laboral e de servicios sociais, así como do seu seguimento para a elaboración de nóminas, seguros sociais, IRPF, contratos altas e baixas na Seguridade Social, expedientes de solicitudes de subvencións de centros especiais de emprego e de servicios sociais e informes de persoal tanto contratado como asistido por Aixiña.

4. Secretaría técnica: é a que, estando en posesión da tituación académica mínima de diplomado universitario e baixo a dependencia do coordinador de servicios xerais de Aixiña, realiza a execución técnica dos asuntos que competen a responsabilidade da secretaría xeral da asociación e, eventualmente, colabora na xestión de recursos humanos e relacións externas de Aixiña.

Grupo C: auxiliares técnicos.

5. Xestor social: é o traballador que baixo a dependencia do técnico de secretaría, se o houber, ou do secretario xeral, se non houbese aquel, presta servicios de xestión para despacho dos asuntos da competencia da secretaría xeral no proceso de información e documentación de tódolos asuntos que lle sexan expresamente delegados.

6. Secretario/a de administración, coordinación e servicios xerais de persoal: é o traballador que terá ó seu cargo a elaboración de contratos de persoal, altas e baixas dos traballadores dos centros, elaboración e confección de modelos TC1, TC2, TC2/1, TC2/2, nóminas de persoal e outras incidencias relacionadas con funcionamento do persoal de tódolos centros, contando co asesoramento dos técnicos de servicios administrativos e servicios de persoal.

Dependerá do técnico de servicios de persoal.

7. Oficial administrativo de primeira: é o que ten ó seu cargo unha sección determinada dentro da cal, con iniciativa e responsabilidade, realiza traballos que requiren preparación e especialidade, resolvendo cantos problemas xurdan na súa execución.

Así mesmo, debe posuír coñecementos técnicos e prácticos sobre máquinas contables, dado a complexidade de estas, na súa técnica e sistemas.

Grupo D: persoal administrativo.

8. Oficial administrativo de segunda: é o empregado que, con iniciativa e responsabilidade, realiza traballos que requiren coñecementos xerais adminis

trativos, contabilidade, correspondencia, organización de arquivos e ficheiros, redacción de facturas, etc.

Así mesmo, debe posuír coñecementos técnicos e prácticos sobre máquinas contables, dado a complexidade de estas nas súas técnicas e sistemas.

9. Auxiliar administrativo: é quen, con coñecementos xerais de índole administrativo, auxilia os oficiais e técnicos na execución de traballos, e que con pulcritude e correción realizan funcións de mecanografía, arquivo, comprobación de contas, confección de facturas, así como introducción de datos en máquinas con procesos infórmáticos.

10. Aprendiz: é o persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou un posto de traballo cualificado nos servicios administrativos de Aixiña.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro (BOE do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto no convenio colectivo.

Grupo E: profesionais de oficio.

11. Encargado: é o profesional que, con mando directo sobre tódolos profesionais de oficio adscritos á súa actividade, ten a responsabilidade do bo funcionamento de tódalas instalacións do centro, así como do cumprimento do plan de evacuación e seguridade do centro.

Dependerá directamente do director xeral adxunto.

12. Conductor carné 1ª especial: é o profesional que ten a responsabilidade de realizar todo tipo de traslados e saídas especiais en calquera tipo de vehículo especialmente autobuses para desprazamento do persoal de tódolos centros.

13. Oficial de primeira: igual que oficial de primeira de Servicios Sociais.

14. Oficial de segunda: igual que oficial de segunda de Servicios Sociais.

15. Oficial de terceira: igual que oficial de terceira de Servicios Sociais.

16. Persoal de mantemento de servicios xerais: é aquel o que se lle encomendarán traballos de mantemento xeral e control das instalacións dos centros.

17. Persoal de servicios domésticos: igual que en Servicios Sociais.

18. Persoal non cualificado: igual que en Servicios Sociais.

Grupo F: persoal subalterno.

19. Porteiro: igual que en Servicios Sociais.

20. Vixilante e garda: é aquel que ten encomendada a vixilancia e garda das instalacións do centro en horario nocturno.

21. Recepcionista e telefonista: é a persoa que ten a cargo a recepción e telefonía do centro, velando polo bo funcionamento da central.

22. Reprógrafo: é o/a operario/a que ten ó seu cargo a fotocopiadora do centro, executando os traballos que se lle encarguen conforme as instruccións administrativas que reciba.

23. Persoal non cualificado: é quen colabora en tarefas elementais con outro persoal subalterno do centro, requiríndose principalmente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo.