Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.076

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOCIACIÓN DE MÉDICOS GALEGOS (ASOMEGA)

IV Premio Novoa Santos.

Presentación.

1. A Asociación de Médicos Galegos Asomega organiza o Premio Novoa Santos, convocando a súa IV edición.

2. Colabora con Asomega nesta convocatoria Caixa Ourense.

Bases do premio.

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da mediciña-sanidade, cun labor profesional ou científico de repercusión nacional ou internacional e, especificamente, de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por universidades, reais academias, colexios profesionais de mediciña, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc., ou por un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán xunto coa seguinte documentación:

a) Un resumo do currículum vitae do candidato nun máximo de 10 follas (15 copias).

b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (15 copias).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar, no momento da entrega do premio, unha conferencia do tema médico-sanitario que considere que foi motivo do Premio Novoa Santos.

5. Non poderán concorrer ó premio os membros da xunta directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación, con prazo límite de presentación que rematará o día 15 de outubro de 1999, dirixiranse ó secretario de Asomega, Santa Cruz de Marcenado 10, 1º D, 28015-Madrid. Teléfono: 914 45 28 81. Fax: 914 45 28 38.

Premio.

1. O Premio Novoa Santos será outorgado por un xurado constituído pola xunta directiva de Asomega. Para tal fin terá lugar unha reunión da xunta directiva, e o seu fallo, ante o que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 1.000.000 de ptas., diploma e medalla conmemorativa do Premio Novoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de novembro do mesmo ano, a xunta directiva de Asomega faralle entrega do Premio Novoa Santos ó galardoado.

Aniceto Charro Salgado

Presidente de Asomega