Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 142, do día 24 de xuño, publicáronse íntegras as bases para a convocatoria, por sistema de concurso-oposición, para cubrir unha praza de oficios varios-conserxe, correspondente á oferta de emprego público de 1999.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

Despois da citada publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello.

Vedra, 14 de xullo de 1999.

Odón C. Cobas García

Alcalde