Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 28 de setembro de 1999 pola que se abre un novo prazo de solicitude para participar no II Certame galego de xoves concertistas Xuventude-99, regulado pola Orde do 27 de abril de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio.

Mediante a Orde do 27 de abril de 1999 (DOG nº 92, do 14 de maio), regúlanse as bases para participar no II Certame galego de xoves concertistas Xuventude-99.

O escaso número de solicitudes que se presentaron para participar na dita convocatoria, ata o día 15 de xuño, data en que remataba o prazo de presentación de solicitudes, aconsella abrir un novo prazo de presentación de solicitudes, respectando a regulación prevista na antedita orde.

Consecuentemente co que antecede, e no exercicio das facultades que teño atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os mozos galegos ou residentes en Galicia, de ata 30 anos de idade, cumpridos no ano 1999, que reúnan os requisitos establecidos no punto I do anexo I da Orde do 27 de abril de 1999, pola que se convoca o II Certame galego de xoves concertistas Xuventude-99, poderán presenta-la solicitude conforme o modelo previsto no anexo II da dita orde, xunto coa documentación prevista no punto II das referidas bases, para participar na dita convocatoria ata o día 8 de novembro de 1999.

Artigo 2º

Modifícanse as datas da fase previa a que fai mención o punto V das bases da referida convocatoria, que pasará a desenvolverse durante o mes de novembro, en data por determinar.

Disposición adicional

En todo o non previsto nesta orde, haberá que aterse disposto na do 27 de abril de 1999, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se convoca o II Certame galego de xoves concertistas Xuventude-99.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente norma.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude