Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da construcción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-8-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC),

e da parte social, polas centrais sindicais FEMCA-UGT e FEMOCA-CO.OO., en data 17-8-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo da construcción 1999

Artigo 1º.-Partes asinantes.

a) Son partes asinantes do presente convenio, dunha banda a Federación de Madeira, Construcción e Afíns da UGT (FEMCA-UGT) e a Federación de Construcción, Madeira e Afíns de CC.OO. (FECOMA-CC.OO.) como representación laboral, e da outra banda a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, APEC, en representación empresarial.

b) Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra estea contratado polas empresas que se adiquen a calquera das acti

vidades que figuran no convenio xeral da construcción, agás aquelas que teñen convenio propio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, contado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedementos de denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para para inicia-la negociación do convenio que os substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establecense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actuais existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectados.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e ficará sen efecto ningún no suposto que a xurisdición competente modificase, anulase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobara a totalidade do seu contido, que debe ser un e indivisible na súa aplicación.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 12 membros que serán designados a partes iguais por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade, e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisión reunirase, alomenos, unha vez ó trimestre, e o seu funcionamento, realizarase da forma que esta acorde.

Artigo 9º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria a que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) A instancia dalgunha das partes mediar e/ou tentar conciliar, se é o caso, logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdicional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, poidan suscitarse en relación coa interpretacións e aplicación del, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no punto anterior, co fin de que mediante a súa intervención se resolva o problema suscitado ou, se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Sen prexuízo do pactado no punto 3 do artigo anterior, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poidan examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asisten o propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

Ó escrito-proposta acompañaranse cantos documentos se consideran necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá recadar, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, para o que se concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, de se-lo, caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdicional competente.

6. As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) publicado no DOG do 8 de abril de 1992,

que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 10º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicoténicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son axeitadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, e antes da súa admisión na empresa, someterase a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando nel.

Artigo 11º.-Recoñecementos médicos.

1. A empresa virá obrigada a realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñocementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. En ámbolos dous casos o recoñecemento médico será axeitado ó posto de traballo de que se trate.

3. A Comisión Paritaria Nacional de Seguridade e Hixiene estudiará no futuro a posibilidade e conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñecemento médico.

Tamén estudiará a forma de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Os custos dos recoñecementos médicos correrán, exclusivamente, por conta da empresa, e, nos periódicos, os gastos de desprazamentos orixinados por eles.

Artigo 12º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados:

-Niveis III, IV e V: 3 meses.

-Niveis VI ó X: 2 meses.

-Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal obreiro:

-Encargados e capataces: 1 mes.

-Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como

se fose do plantel, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-la desistencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producira a desistencia, o contrato producirá efectos plenos, computándose o tempo dos servicios prestados a efectos de antigüidade.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 13º.-Contratación.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector.

Artigo 14º.-Contrato de fixo de plantel.

Este contrato é o que concertan un empresario e un traballador para a súa prestación laboral na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizarán empresarios e traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 15º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxeto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a estes supostos:

Pimeiro.-Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para á súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade corespondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio,

todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo.-Malia o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e percibindo os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumpri-lo período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior: cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de empresa, en canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

Terceiro.-De producirse a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras darse conta pola empresa á representación dos traballadores do centro, ou no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou no seu defecto, a comisión paritaria disporá, se é o caso, dun prazo máximo imporrogable dunha semana para a súa constatación contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando desapareceran as causas de paralización da obra. A dita obriga entenderase rematada cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establecese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio percibidos durante a vixencia do contrato.

Artigo 16º.-Contratos de duración determindada.

Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa o circunstancia que xustifique a súa utilización.

Artigo 17º.-Indemnización para outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros tipos de contratos independentes do contrato para traballo fixo de obra, terán dereito, unha vez rematado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7%, se a duración fose igual ou inferior a 365 días e do 4,5% se a duración fose superior a 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable percibidos durante a vixencia do contrato.

Artigo 18º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con axeitada preparción, de determinados colectivos de xoves. Esta preparación debe recoller tanto o especto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se ten dotado o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o axeitado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

Serán obxecto deste tipo de contrato os oficios incluídos nos niveis VIII e IX do presente convenio.

3. Este tipo de contrato rexerase polas seguintes regras:

3.1. Poderá celebrarse con traballadores que teñan cumpridos os 16 anos e menores de 21 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxeto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

3.2. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de remate de contrato deberá axustarse ós prazos e forma que se indica no artigo 15º.1.3. do presente convenio.

A situación de incapacidade temporal do aprendiz inferior a seis meses, comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato teña estado suspendido.

3.3. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

3.4. Tempo de formación teórica:

a) O tempo dedicado a formación teórica deberase alternar co traballo efectivo e será un 15% da xornada máxima do convenio: 6 horas semanais. Poderase proceder á acumulación de horas en 1 día da semana, ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario da ensinanza.

b) A formación deberá ser impartida en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados e homologados.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

A formación teórica será financiada con cargo ó Acordo Tripartito de Formación Continua.

3.5. A retribución será a seguinte:

-De 16 e 17 anos: 73.809 pesetas.

-De 18 a 24 anos:87.686 pesetas.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% do traballo efectivo.

O complemento extrasalarial devengarase en igual contía que o sinalado para o nivel XIII da táboa salarial.

3.6. Se, rematado o contrato, o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto do contrato de formación e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o traballador na súa formación práctica.

3.7. O traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento segundo o establecido no artigo 17 do presente convenio.

3.8. A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a calificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 19º.-Empresas de traballo temporal.

1. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos a súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación deste convenio colectivo, ou pacto de empresa. Esta obriga constará expresamen

te no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

2. Non se poderá cotrata-los servicios das empresas de traballo temporal para a realización das tarefas habituais. Só se poderán utilizar para o caso de cubrir incapacidades temporais ou situacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2.b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó rexime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 21º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector a execución de obras ou servicios, responderán ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social derivados do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade ou, ás derivadas do seu contrato de traballo, se fosen superiores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa reponsabilidade nos centros de traballo no que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación axeitados para a prevención de riscos, información sobre eles, e en xeral a canto se relaciona coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 22º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó rexime xeral da Seguridade Social, como obriga establecense as seguintes garantías:

a) Será facilitada pola empresa contratante copia do parte de alta na Seguridade Social a cada traballador dentro dos oito días do seu ingreso.

b) As empresas quedan obrigadas a publicar no taboleiro de anuncios os modelos TC-1 e TC-2 correspondente ó último mes no que se fixera efectiva a liquidación.

Así mesmo, deberá publicarse copia do recibo de estar ó corrente no pagamento da cota á entidade aseguradora daquelas pólizas que se concertasen a favor dos traballadores ou os seus beneficiarios.

Artigo 23º.-Taboleiro de anuncios.

En tódolos centros de traballo será obrigatoria a existencia de taboleiro de anuncios para fixar comunicacións e información sindical.

Artigo 24º.-Inasistencias inxustificadas.

As empresas poderanlles descontar ós productores que falten ó traballo sen causa xustificada o importe da cota empresarial á Seguridade Social.

Artigo 25º.-Actividade normal.

É a que mediante un esforzo constante e razoable debe realiza-lo traballador afeito ó seu traballo e consciente da súa obriga e da que obteñan un rendemento normal sen remuneración con incentivo.

Artigo 26º.-Productividade no traballo.

As retribucións pactadas neste convenio establecéronse sobre a base e como contraprestación dunha productividade normal e correcta no traballo.

Artigo 27º.-Cartilla profesional.

A Fundación Laboral de Construcción expedirá a cartilla profesional, quedando exentos os traballadores que dispoñan dela do período de proba para os traballos da súa categoría profesional.

Artigo 28º.-Ascensos. Procedemento.

Os ascensos deberanse ater ó rexime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou confianza especial serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxetivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecementos do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que, deberán se-las axeitadas ó posto de traballo que hai que desempeñar.

Artigo 29º.-Incremento económico.

Para o ano 1999 aplicarase un incremento económico do 2,3% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, vacacións e complemento extrasalarial.

Os salarios son os que para cada categoría profesional se fixan na táboa do anexo I.

Artigo 30º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o índice anual de prezos ó consumo (IPC) ó 31 de decembro de 1999, supere ó 1,8% correspondente ó IPC previsto para 1999 nos orzamentos xerais do Estado efectuarase unha revisión económica para ese ano sobre o exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complemento extrasalarial.

Artigo 31º.-Complemento extrasalarial.

1. Co fin de compensa-los gastos que se producen ós traballadores para acudir ós seus postos de traballo, tendo en conta a mobilidade deles, establécese un complemento extrasalarial por día efectivo de traballo de 598 pesetas para os niveis do II ó XII, e de 410 pesetas para o nivel XIII.

2. Aínda que se aboe por día traballado, establécese para efectos prácticos, o seu cómputo anual dividido en once mensualidades, de tal xeito que a cantidade percibida por este concepto, en cada mes totalmente traballado sexa de 11.960 pesetas para os niveis do II ó XII, e de 8.200 pestas para o nivel XIII.

3. Os complementos extrasalariais sumados deberán quedar comprendidos durante 1999 entre o 5% e o 8% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 32º.-Locomoción.

1. Serán de conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento ata o centro de traballo, xa sexa pondo medios propios a disposición do traballador, xa aboándolle a compensación correspondente.

2. No caso de que o traballador, para o desprazamento, teña que usar medios alleos ós da empresa, esta aboaralle 24 ptas. por cada quilómetro recorrido no desprazamento, tendo en conta as seguintes consideracións:

a) No caso de traballadores fixos, entenderase por desprazamento o recorrido entre o domicilio da empresa e o centro de traballo no que estea prestando os seus servicios en cada momento.

b) No caso de traballadores con contrato que non sexa o fixo de plantel, o desprazamento será o recorrido entre o centro de traballo para o que fose contratado inicialmente e aquel no que estea realizando a súa actividade en cada momento.

3. O devengo das cantidades polo concepto de locomoción suxeitarase ás seguintes normas:

a) Só darán dereito a estas percepcións aqueles desprazamentos que supoñan recorridos superiores ós 10 km.

b) No caso de que proceda o aboamento de cantidades por este concepto, so serán aboables os quilómetros que excedan dos 5 primeiros do recorrido.

c) Non procedará o aboamento de quilometraxe por locomoción, cando o centro de traballo en que estean prestando os seus servicios, se atope a unha distancia do domicilio do traballador que sexa inferior a 10 km.

d) Só darán dereito a estes abonos dous desprazamentos diarios.

4. Cando o persoal desprazado que poida volver a pernoitar na súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada un das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario de convenio.

Artigo 33º.-Pagamento do salario.

1. Tódalas percepcións, agás as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu vencemento, anque o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non superior ó 90% das cantidades ás que ten dereito.

2. As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte ó remate da xornada ordinaria, nas datas habituais do pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas, quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de sinxela permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído a ningún efecto.

4. As empresas quedarán facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través da entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose de cheque, o tempo investido na súa cobranza será por conta do traballador.

5. O traballador deberá facilitarlle á empresa, no seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 34º.-Absorción e compensación.

Haberá que aterse ó previsto no artigo 58 do convenio xeral do sector.

Artigo 35º.-Antigüidade consolidada.

Para efectos da consolidación que se establece no artigo 5 letra a) do acordo sectorial nacional da

construcción (BOE do 21 de novembro de 1996), os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito na data do 21 de novembro de 1996 (anexo II).

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. Os ditos pagamentos extraordinarios non se percibirán mentres duren as causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estauto dos traballadores.

3. A contía dos pagamentos extraordinarios de xuño e Nadal serán iguais a unha mensualidade da táboa de salarios deste convenio maila antigüidade, se é o caso.

Artigo 37º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas comprométense a facilitar ós traballadores as ferramentas de man necesarias para a realización do seu traballo.

Se o traballador observa demora na entrega delas reclamaraas.

O tempo de espera para a recepción das ferramentas reclamadas será considerado como tempo de traballo efectivo.

O traballador, que de acordo co empresario, achegue ferramentas da súa propiedade, terá dereito a percibir 84 pesetas por cada día de traballo efectivo en concepto de desgaste delas.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa deberalle entregar ó persoal a roupa de traballo axeitada á súa actividade, consistente nunha chaqueta curta e un pantalon ou buzo, podendo figurar letreiros nun peto na súa parte dianteira e calzado axeitado á actividade que hai que desenvolver en cada momento, cada seis meses.

Os traballadores devolverán as roupas vellas ó causar baixa na empresa. De non facelo, a empresa poderá desconta-lo 50% do importe correspondente ó equipo da súa última entrega.

A empresa queda obrigada a facilitar a tódolos traballadores contratados as ditas pezas desde o momento da súa contratación.

Por cada xogo non entregado no prazo sinalado o traballador poderá reclamar da empresa a cantidade de 4.200 pesetas.

Entregaranse tamén aqueles elementos que esixe a actual ordenanza laboral da construcción.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

1. As horas extraordinarias en todo caso, pola súa natureza serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes excepto as que teñan a súa causa na forza maior.

2. Consideraranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal da producción.

3. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de dúas ó día, vinte ó mes e 80 ó ano.

Artigo 40º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 75 por cento sobre o valor da hora ordinaria.

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do 100 por cento sobre o valor da hora ordinaria.

O valor da hora ordinaria (VHO), calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

VHO=(Sb+Ac)x14+Cs

1.760

Sb=salario base.

Ac=antigüidade consolidada.

Cs=complementos salariais anuais.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso poductivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de lecer, é dicir una hora e 45 minutos de descanso por cada hora extraordinaria realizada.

No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no punto 2 do artigo 68º do convenio xeral.

Artigo 41º.-Indemnizacións.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) No caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

Ano 1999: 5.500.000 pesetas.

Ano 2000: 5.750.000 pesetas.

Ano 2001: 6.000.000 de pesetas.

Nos supostos de morte as indemnizacións establecidas aboaranse á viúva ou beneficiarios do traballador segundo as normas da Seguridade Social.

Estas indemnizacións terán vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro dos anos respectivos.

Artigo 42º.-Complemento de prestación de incapacidade temporal.

1. As empresas complementarán a prestación económica por incapacidade temporal ata o 100% da base de cotización do traballador nos seguintes casos e durante o tempo que se indica para cada un.

a) IT derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, desde o primeiro día e ata a alta médica.

b) IT derivada de accidente non laboral ou enfermidade común:

-Con hospitalización: desde o primeiro día cun máximo de catro meses.

2. Enténdese por hospitalización, para os efectos do presente artigo, a permanencia en centro hospitalario durante un mínimo de dez días ininterrompidos

Artigo 43º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente convenio será de 1.760 horas, segundo o calendario laboral anexo (anexo III).

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de luns a venres durante toda a vixencia do presente convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climáticas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan supera-las nove horas diarias, nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas acordadas para 1999, os días 18 de marzo, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, 29 de outubro, 7, 24, e 31 de decembro terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos.

Estes días, así mesmo non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincida con día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte.

Nos concellos que a continuación se relacionan, fixanse como festivos os días seguintes:

-Portas, 22 de marzo.

-Vilagarcía de Arousa, 21 de maio.

6. En cada centro de traballo a empresa exporá nun lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 44º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento e reparación de instalacións ou maquinaria,

necesarias para a reanudación ou continuidade do proceso productivo, así como do persoal que poña en marcha ou peche o traballo dos demais, poderá prolongarse polo tempo necesario, sen que o exceso sobre a xornada ordinaria se compute como horas extraordinarias debendo aboarse como mínimo, a pro rata do valor da hora extraordinaria do traballo.

Artigo 45º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales, como mínimo 21 días serán laborables, iniciándose, en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante do dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Sen embargo, o persoal que non continúe durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións que lle corresponden e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, ainda que as vacacións devengadas, en parte correspondan ó ano natural anterior.

4. Para efectos do dereito de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, anque manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a súa duración computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a IT se producise despois de pactada a data do inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfrutar das vacacións ata o transcurso do ano natural acordándose un novo período de desfrute despois de producirse a alta da IT.

6. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial.

Artigo 46º.-Permisos e licencias.

O traballador logo de aviso de corenta e oito horas polo menos, salvo acreditada urxencia, e xustifica

ción posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non estean vencellados de forma expresa á prestación efectiva laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Cinco días naturais por falecemento do cónxuxe.

d) Tres días naturais por falecemento de fillos, pais ou avós dun ou outro cónxuxe.

e) Un día por matrimonio de fillos.

f) Dous días naturais por falecemento de netos ou irmáns dun ou doutro cónxuxe. Nestes casos e nos da letra d) e e), cando o traballador precise facer un desprazamento para o efecto, o prazo podería ampliarse a 5 días.

g) Tres días naturais, por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

h) Dous días por traslado do domicilio habitual.

i) Polo tempo necesario para concorrer a exames, como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privados, recoñecidos.

j) Consulta ó médico:

1. Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

2. Médico de medicina xeral: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 16 horas ó ano.

Artigo 47º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais correspondentes á convocatoria da FORCEM 1999, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada por razóns técnicas, organizativas ou de producción. No caso de denegación o traballador poderá recorrer diante da Comisión Territorial da Fundación Laboral da Construcción.

b) Os traballadores que poidan asistir ás accións formativas contempladas neste artigo non superarán anualmente nin o 10% da plantel, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podéndose distribuír nunha ou varias acción formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas, o traballador terá dereito ó salario que lle corresponda como se estivera traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar diante da empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 48º.-Permiso non retribuído.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a dispor dun día anual non retribuído. Para dispor do dito día, deberá ser solicitado por escrito á empresa con polo menos cinco días de antelación. A empresa terá a obriga de concede-lo dito día, calquera que sexa a causa alegada para a súa petición.

Artigo 49º.-Axudas de custos por desprazamento.

1. A axuda de custos é un concepto extrasalarial de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten coma finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custos completa, cando, como consecuencia do desprazamento non poida pernoitar na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3. Cando o empresario organice e custee a manutención e aloxamento do persoal desprazado, sempre que reúna as condicións esixibles e suficentes, soamente satisfará o 20% da axuda de custos completa.

4. Devengarase media axuda de custos cando, como consecuencia do desprazamento o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual, non lle fose subministrada pola empresa e poida pernoitar na citada residencia. A media axuda de custos devengarase por día efectivo traballado.

5. As axudas de custos ou medias axudas de custos percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais a conta, e a xustificar sobre as mencionadas axudas de custos.

6. A axuda de custos completa non se devengará nos casos de suspensión legal do contrato de traballo, salvo nos casos de incapacidade temporal, nos que a empresa manteña o desprazamento.

7. A contía das axudas de custos será a seguinte:

-Axuda de custos completa: 3.500 pesetas.

-Media axuda de custo: 1.200 pesetas.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custos, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Artigo 50º.-Liquidación.

O recibo liquidación da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo deste convenio (anexo IV).

Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta de liquidación, non será preciso, cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes ó da data en que foi expedido.

Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación surtirá os efectos liberatorios que lle son propios.

Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

O traballador poderá ser asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Artigo 51º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

A) Xubilación anticipada.

1. Os traballadores que teñan sesenta e tres anos cumpridos e non teñan sesenta e cinco, cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade Meses de

na empresaIdadeindemnización

2 a 5) 2

6 a 10) 3

11 a 20) 63 4

21 a 30) 5

máis de 30) 6

2 a 5) 1

6 a 10) 2

11 a 20) 64 3

21 a 30) 4

máis de 30) 5

As cifras da columna da dereita indican o número de meses de salario no que se contifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre empresa e traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a darlle ocupación a outro traballador polo tempo estricto que faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituído deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexilación vixente, e, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de plantel dispoñible, na expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

B) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

C) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación á que se refiren os puntos inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 52º.-Dereitos sindicais.

1. As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados no plantel como elementos

básicos e consustanciais para afrontar, a través deles, as necesarias relacións entre traballadores e empresarios.

2. As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente. Non poderá condiciona-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

3. A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

4. As empresas recoñecen o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato de celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen perturba-la actividade normal. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que se dispoña de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de taballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica poida interrumpi-lo desenvolvemento do proceso productivo.

5. As empresas, nos centros de traballo con máis de 100 traballadores, recoñecerán ás centrais sindicais ou sindicatos que posúan neles, unha afiliación superior ó 15% do plantel, un delegado sindical.

6. A central ou sindicato que prentenda tal recoñecemento debe acreditar ante a empresa de modo fidedigno o nivel de afiliación requirido. Acto seguido, a empresa recoñeceralle ó delegado citado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

7. O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato a quen represente.

Serán preferentemente, membros do comité de empresa.

8. O delegado sindical ten as seguintes funcións:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos afiliados a el na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección das respectivas empresas.

b) Asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con ou sen voto e sempre que tales órganos admitan previamente a súa presencia.

c) Terán acceso á mesma información e documentación da empresa que esta deba pola disposición do comité de empresa de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

d) Serán escoitados pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afec

tan os traballadores en xeral e os afiliados ó sindicato.

9. Serán, así mesmo, informados e escoitados pola empresa con carácter previo.

a) Respecto dos despedimentos e sancións que afectan os traballadores afiliados ó sindicato.

b) En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral e sobre proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

10. Poderán recadar cotas dos seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, sempre que o fagan fóra das horas efectivas de traballo.

11. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que lles puideran interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empresa porá a disposición do sindicato do que teña representación o dito delegado, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e no lugar onde se garanta na medida do posible un adecuado acceso a el para tódolos traballadores.

12. En materia de reunións, ámbalas dúas partes, en canto ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

O delegado sindical terá as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e os convenios colectivos que os membros do comité de empresa.

En tódolos centros en que sexa materialmente factible, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local a fin de que o delegado representante do sindicato exerza as funcións e tarefas que como tal lle correspondan.

Os delegados limitarán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias.

13. Naqueles centros que posúan un cadro de persoal superior a 250 traballadores, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local, a fin de que o delegado representante do sindicato exerza as súas funcións e tarefas que como tal lle corresponda.

Artigo 53º.-Garantías.

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despido ou calquera outra sanción por suposta falta grave ou moi grave obedecese a outras

causas deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán escoitados á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e o delegado do sindicato ó que pertenza no suposto de que estivera recoñecido como tal na empresa.

Terán prioridades de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores nos supostos de suspensións ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

c) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias relativas á súa representación podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo, previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

d) Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Os delegados sindicales de acordo co sindicato a que pertenzan terán dereito á acumulación de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións nun ou en varios deles sen supera-lo máximo total de horas legalmente establecidas.

e) Sen supera-lo máximo legal poderán ser consumida-las horas retribuídas de que dispoñan os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación e outras entidades.

f) Os comités de empresa e representantes dos traballadores serán informados sobre a implantación ou revisión de sistemas de organizacións de traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

g) En todo o non regulado expresamente neste convenio en materia de dereitos e garantías sindicais haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 54º.-Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que a xuízo dalgunha das partes poida cualificar de antisindicais haberá que aterse ó disposto nas leis.

Artigo 55º.-Seguridade e saúde no traballo.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de seguridade e hixiene, integrada por catro representantes de APEC, dous representantes de FEMCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO.

Serán funcións desta comisión:

-Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de Seguridade e Hixiene,

tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxetivo fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desevolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Esta comisión reunirase unha vez cada tres meses, por proposta de calquera das partes e será citado un representante da Administración laboral.

2. Dado que o sector da construcción se dotou dun instrumento paritario (a FLC), para dar servicios a empresas e traballadores, e entre outros en materia de prevención e saúde laboral, as partes asinantes acordan que a FLC desenvolva os plans e accións necesarios para promove-lo cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 56º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

2. Os delegados de prevención serán designados por e entre os representantes do persoal, no ámbito dos órganos de respresentación previstos nas normas a que se refire o artigo anterior, de acordo coa seguinte escala:

-De 50 a 100 traballadores: 2 delegados de prevención.

-De 101 a 500 traballadores: 3 delegados de prevención.

-De 501 a 1.000 traballadores: 4 delegados de prevención.

-De 1.001 a 2.000 traballadores: 5 delegados de prevención.

-De 2.001 a 3.000 traballadores: 6 delegados de prevención.

-De 3.001 a 4.000 traballadores: 7 delegados de prevención.

-De 4.001 en diante: 8 delegados de prevención.

Nas empresas de ata trinta traballadores o delegado de prevención será o delegado de persoal. Nas empresas de trinta e un a corenta e nove traballadores haberá un delegado de prevención que será elexido por e entre os delegados de persoal.

3. Para efectos de determina-lo número de delegados de prevención teranse en conta os seguintes criterios:

a) Os traballadores vinculados por contratos de duración determinada superior a un ano computaranse como traballadores fixos de plantel.

b) Os contratados por termo de ata un ano computaranse segundo o número de días traballados no período dun ano anterior á designación. Cada douscentos días traballados ou fracción computaranse como un traballador máis.

4. Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º parágrafo 2 da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

Artigo 57º.-Comisión paritaria provincial de formación profesional.

As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de formación profesional, integrada por 4 representantes de APEC, dous representantes da FEMCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións públicas e dos organismos comunitarios competentes o recoñecemento oficial desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector da construcción e que colabore co desenvolvemento, tanto dos que xa están en marcha como dos que poidan iniciarse en adiante.

-Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

-Elabora-los plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos administrativos e manuais coas equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Elaborar un plan ó rematar cada ciclo formativo dos cursos impartidos pola Fundación Laboral da Construcción, coa finalidade de ir incorporando paulatinamente ás empresas aqueles alumnos que finalicen o curso con aproveitamento.

-Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector en tódolos ámbitos territoriais.

Artigo 58º.-Solución extraxudical de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos

extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverán os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposición derradeira

No non disposto no presente convenio colectivo, haberá que aterse ó establecido no convenio xeral do sector, publicado no BOE do 4 de xuño de 1998, e demais normas de xeral aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo redactarase nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicada na mesma forma no BOP de Pontevedra.

Segunda.-Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral profesional en lingua galega recoñecendo, desta maneira, a empresa, a oficialidade da dita lingua e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos na lei.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega.

Anexo sobre seguridade e saúde no traballo.

Limiar.

De conformidade co disposto na disposición final primeira do convenio xeral do xector da construcción, asinado con data do 21 de outubro de 1997, por FECOMA-CC.OO., e subscrito por FEMCA-UGT o día 28 de xaneiro de 1998, a FLC definiu as liñas dun plano de actuación para promove-la aplicación da Lei de prevención de riscos laborais no sector.

Para os efectos de dar pleno consentimento ó previsto na dita disposición derradeira faise necesario traslada-lo dito plano de actuación ó correspondente anexo para a súa incorporación ó convenio.

Segundo a citada disposición derradeira primeira, desde a FLC desenvolveranse os plans e as accións necesarios para a prevención de riscos laborais no sector, nos termos que se concretan no presente anexo.

1. Principios xerais.

Con respecto ás actividades formativas e informativas ou de calquera outro tipo que vai realiza-la FLC, en relación co mellor cumprimento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e os regulamentos que a desenvolven, as ditas actuacións nunca eximirán o empresario e o traballador da súa responsabilidade e do cumprimento das súas obrigas nos termos que fixa a lei.

Os medios, procedementos, materiais e accións que se empreguen e desenvolven na FLC en seguridade e saúde laboral dedicaranse a difundir, coordinar e colaboral en métodos e procesos que faciliten

o mellor e maior cumprimento da Lei e os seus regulamentos polos empresarios e traballadores do sector.

As accións e actuacións a realizar en relación cos contidos da Lei 31/1995 no sector da construcción en todo o territorio nacional. Á FLC correspóndelle se-lo fío conductor dos principios e directrices que hai que desenvolver para que de forma equivalente se establezan os mesmos niveis de aplicación e cumprimento en cada un dos consellos territoriais.

Dadas as condicións en que se atopa o sector polas súas específicas características, a FLC débese dotar dos instrumentos axeitados para que, cumpríndose os contidos da lei, se consiga a diminución continua dos índices de sinistralidade.

As accións que se van elaborar estarán dirixidas prioritariamente ó empresario, por se-la figura fundamental na implantación do sistema de xestión preventivo e na formación e información dos traballadores.

2. Información.

2.1. Información sectorial.

A accidentalidade no sector da construcción, que é motivo dunha constante preocupación de tódalas partes, fai necesario a FLC desenvolva unha actividade de información nos termos seguintes:

a) Necesidade do cumprimento das normas en materia de prevención e seguridade.

b) A información debe incidir en que os traballos nalgunhas actividades da construcción son de alto risco.

c) Elaboración dun programa de estatísticas para o sector; considérase fundamental proprocionar ó sector en tempo real os datos de accidentalidade e poder determina-las accións que hai que aplicar.

d) Información periódica das actividades da FLC, control de resultados parciais e grao de cumprimento dos obxetivos.

e) Á vista das anteriores campañas de información, realizarase un estudio por expertos respecto á estratexia que se vai empregar para fomentar unha comunicación efectiva; en fución deste traballo, levaranse a cabo o deseño e a realización de plans e métodos de información que garantan a captación e asimilación das mensaxes, así como a evolución e control de resultados.

2.2. Primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Considérase como método máis idóneo para a implantación de accións en materia de información sobre prevención de riscos laborais, o do primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Os métodos e contidos das materias impartidas nas aulas permanentes teñen que ser similares e homoxéneos, os obxectivos análogos e os resultados

equivalentes, en tódolos consellos territoriais da FLC.

O primeiro ciclo da aula permanente constará de dous tipos de accións en materia de información sobre prevención de riscos na construcción: as primeiras comprenderán información xeneral sobre os riscos do sector e conterán os principios básicos e conceptos xerais sobre a materia; igualmente deberán conseguir unha actitude de interese pola seguridade que incentive o alumnado para inicia-los cursos do segundo ciclo; as segundas deberán transmitir coñecementos e normas específicas.

A información xeneral básica impartida na aula permanente non exime o empresariado da súa obriga de informa-lo traballador dos riscos específicos no centro e no posto de traballo.

2.3. Aulas móbiles.

Estímase que un procedemento eficaz para informar nas propias obras sobre as materias de prevención de riscos consiste en dispor de aulas móbiles nas que estarían incorporados tódolos materiais, equipos audiovisuais e demais elementos didácticos.

3. Formación.

A FLC debe homoxeneizar en todo o territorio nacional os planos e contidos da formación que imparta en materia de prevención, seguridade e saúde laboral.

Excepcionalmente, no caso de situacións de obras e centros con características específicas, logo de consulta, coordinación e colaboración da FLC estatal, poderanse elaborar actividades e contidos complementarios para a formación nesa materia.

3.1. Segundo ciclo aula permanente da FLC.

3.1.2. Con carácter inicialmente enunciativo, pero non limitativo, recóllense a continuación aqueles cursos que, sendo voluntarios para as empresas, serán impartidos pola FLC.

Os contidos por categorías que hai que impartir serán os seguintes:

A) Xerentes de empresas.

1. Integración da prevención na xestión da empresa.

2. Responsabilidades e obrigas.

3. Organización e planificación.

4. Custos da accidentalidade e rendibilidade da prevención.

5. Lexislación e normativa básica en prevención.

Duración mínima do módulo: 10 horas.

B) Reponsables de obra e técnicos de execución.

1. Prevención de riscos. Os cinco bloques de riscos en obras.

2. Técnicas preventivas.

3. Estudios e plans de seguridade. Calendarios e fases de actuacións preventivas.

4. Órganos e figuras participativas.

5. Dereitos e obrigas dos traballadores.

6. Lexislación e normativa básica de prevención.

Duración mínima do módulo: 15 horas.

C) Mandos intermedios.

1. Integración da prevención na producción. O risco no posto de traballo: a súa avaliación e tratamento.

2. Os cinco bloques de riscos. Ordes de traballo.

3. Modalidades de accidentes. Técnicas preventivas.

4. Plan de seguridade. Memoria básica de prevención.

5. Zonas de riscos graves e con perigosidade específica.

6. Coordinación das subcontratas.

7. Primeiros auxilios e plans de urxencias.

8. Órganos e figuras participativas.

Duración do módulo: 15 a 20 horas.

D) Delegados de prevención.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e específicos na obra: a súa prevención.

3. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais.

4. Primeiros auxilios e planos de urxencias.

Duración do módulo: 50 horas.

E) Nivel específico por oficios.

1. Técnicas preventivas de oficio e función.

2. Medios, equipos e ferramentas.

3. Interferencias nas actividades.

4. Dereitos e obrigas.

Duración do módulo: 20 horas.

F) Nivel básico xeral.

1. Conceptos básicos sobre a organización elemental da prevención.

2. Técnicas preventivas elementais sobre riscos xenéricos e prevención dos mesmos na execución das obras de construcción.

3. Primeiros axilios e plans de urxencia.

Duración do módulo: 10 horas.

Os profesores/monitores deben ser persoas expertas no sector de construcción para que a ensinanza sexa realmente válida e útil.

A FLC incluirá na cartilla profesional os cursos que cada traballador teña acreditados.

4. Órgano específico.

Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º parágrafo 2 da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

5. A FLC e os servicios de prevención.

A FLC prestará servicios de asesoría en tódalas actividades de sevicios de prevención cando lle sexan solicitados polas empresas.

Os consellos territoriais poderán contactar coa autoridade laboral no seu ámbito para que lles facilite o acceso ó censo de entidades acreditadas como servicios de prevención como unha garantía máis para o desenvolvemento eficaz das súas actuacións.

6. Fundación adscrita á comisión nacional de seguridade e saúde no traballo.

De acordo co previsto na disposición adicional 5ª da Lei de prevención de riscos laborais, a FLC desenvolverá, dentro do seu ámbito de actuación, os obxectivos e fins establecidos na dita disposición en coordinación coa fundación que para tal efecto se cree.

7. Actuacións para mellora-lo coñecemento do sector.

A FLC deberá realizar un estudio que permita un mellor coñecemento das empresas do sector en canto á súa estructura e capacidade de prevención en seguridade e saúde laboral para aborda-las distintas obras.

Así mesmo deberá implantar un centro sevidor de dados que subministre información o máis completa posible sobre tódolos temas relacionados coa prevención de riscos.

8. Maquinaria e equipos.

A FLC promoverá a utilización de maquinaria e equipos auxiliares de construcción homologados de acordo coa normativa comunitaria europea.

9. Colaboracións externas.

As partes consideran conveniente que, nas materias contidas no presente anexo, a FLC complemente as súas actuacións coa colaboración das mutuas de accidentes.

10. Interpretación do anexo.

Formado o presente anexo parte integrante do convenio xeneral do sector de construcción, calquera discrepancia, dúbida ou interpretación que xurda en relación con el, será sometida, con carácter ineludible, á comisión paritaria do convenio.

Táboa de niveis

NivelCategoría

IIPersoal titulado superior.
IIIPersoal titulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sección organización 1ª.
IVEncargado xeral, xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica.
VEncargado xeral de obra, xefe administrativo de 2ª, delineante superior, xefe de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.
VIDelineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización de 1ª.
VIICapataz delineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio.
VIIIOficial de oficio de 1ª, oficial administrativo de 1ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª.
IXOficial de oficio de 2ª, oficial administrativo de 2ª, axudante topográfico, auxiliar de organización, vendedores, conserxe.
XAuxiliar administrativo, especialista de 1ª, auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, gardaxurado, axudantes de oficio.
XIPeón especializado, especialista de 2ª.
XIIPeón ordinario, limpador/a.
XIIPinches e aprendices de 16 e 17 anos, botóns.

ANEXO I

Táboa de salarios 1999

Nivel

Salario

14 pagas

iguais

Complemento extrasalarialTotal

anual

Hora extra

sen

complementos

DíaMes

II161.54659811.9602.393.2042.249

III-IV126.16159811.9601.897.8141.756

V117.66359811.9601.778.8421.638

VI114.08159811.9601.728.6941.588

VII113.67559811.9601.723.0101.582

VIII113.42259811.9601.719.4681.579

IX111.49359811.9601.692.4621.552

X109.32859811.9601.662.1521.552

XI-XII108.15059811.9601.645.6601.505

XIII 73.809410 8.2001.123.526

ANEXO II

Antigüidade consolidada a 21-11-1996

Nivel2 anos3 anos4 anos5 anosSumar cada

ano máis

II2.5843.8765.1686.2021.034

III-IV1.9912.9873.9824.778 796

V1.8492.7743.6984.438 740

VI1.7892.6843.5784.294 716

VII1.7822.6733.5644.277 713

VIII1.7782.6673.5564.267 711

IX1.7452.6183.4904.188 698

X1.7092.5643.4184.102 684

XI-XII1.6892.5343.3784.054 676

ANEXO III

Calendario ano 1999

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F88FF88D88F8

2S88FD8888S88

3D88S88S88D88

4888D88D8S88S

588888S88D88D

6FSS88D8888SF

78DD8888S88DFC

88888S88D888F

9S888D8888S88

10D88S88S88D88

11888D88D8SFC8S

1288888S88DF8D

138SS88D8FC88S8

148DD8888S88D8

158888S88D8888

16S888D8888S88

17D88SF8S88D88

1888FCD88D8S88S

1988F88S88D88D

208SS88D8888S8

218DD8888S88D8

228888S88D8888

23S888D8888S88

24D88S88S88D8FC

25888D88D8S88S

2688888SFC8D88D

278SS88D8888S8

288DD8888S88D8

29888S88D8FC88

30S88D8888S88

31D88S8DFC

Horas152160168160160176168168176144168144
Días192021202022212122182118

Total horas1.944Total días243

NOTA: faltan os 2 festivos locais de cada concello.

Días do ano 365

Domingos -52

Sábados -50

Vacacións -21

Festivos nacionais 1999 -12

Festivos locais -2

--------

Días de traballo 228

Festivos convenio -8

--------

Días traballo 1999 220

Horas efectivas de traballo ano 1999: 220x8=1.760 horas.

ANEXO IV

Modelo de recibo de liquidación

da relación laboral

Don/Dona

que traballei na empresa

desde ...................... ata

coa categoría de

declaro que recibín desta a cantidade de

........... pesetas en concepto de liquidación total pola miña baixa na dita empresa.

Quedo así indemnizado/a e liquidado/a, por tódolos conceptos que puidesen derivarse da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que máis nada teño que reclamar.

...................., ..... de ............ de ........

O/a traballador/a (1)... usa do seu dereito a que estea presente na sinatura un representante legal seu na empresa.

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data da súa expedición por

Data da expedición

Selo

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura da organización empresarial correspondente ou se se formaliza en fotocopia ou noutro medio de reproducción.

(1) Indique si ou non, segundo a decisión que, ó respecto, adopte o traballador.