Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, correspondentes ó programa de apoio á innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I e II da Orde do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio), aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación de innovación (anexo I) e proxectos de investigación de innovación empresarial (anexo II) do programa de apoio á innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 4 e 9 dos anexos I e II respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación de innovación ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Estas axudas corresponden á totalidade da subvención necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo I e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Concederlle-las axudas axudas para a realización de proxectos de investigación de innovación empresarial ás empresas que se relacionan no anexo II desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo II e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Investigador principalCódigoTítulo

anos

1ª anualidade

(Ptas.)

2ª anualidade

(Ptas.)

3ª anualidade

(Ptas.)

Total (Ptas.)

Bermúdez de Castro López-Varela, AlfredoPGIDT99INN20701Aplicación do método de elementos finitos á resolución de problemas industriais de enxeñería asistida por ordenador (CAE)39.100.0003.500.0001.400.00014.000.000

Cuadrado Aranda, JavierPGIDT99INN16601Estudio dun sistema de dirección integral para vehículos con vistas á súa implantación industrial26.500.0003.500.000010.000.000

Fernández Hermida, XulioPGIDT99INN32201Análise da problemática de xeración de sólidos a partir de nubes de puntos. Aplicación á enxeñería inversa na industria auxiliar do automóbil14.500.000004.500.000

Guitián Rivera, FranciscoPGIDT99INN23901Obtención de fibras de alfa-alúmina monocristalinas por VLS e a súa utilización en composites29.500.0005.000.0000 14.500.000

Rodríguez Vieytes, MercedesPGIDT99INN26101Desenvolvemento de biosensores encimáticos e celulares para toxinas diarreica (ácido okadaico e iessotoxina)37.200.0002.500.0001.300.00011.000.000

Sobrino Manzanares, María LuisaPGIDT99INN21001Análise dos procesos de creación escultórica: un programa de innovación tecnolóxica aplicado á historia da arte. Escultura galega contemporánea33.900.0001.500.000600.0006.000.000

Vaamonde Liste, AntonioPGIDT99INN30001Determinación das características de calidade e autenticidade dos viños galegos acollidos á denominación de orixe. Obtención do perfil sensorial mediante técnicas estatísticas multidimensionais. Aplicación de normas ISO/UNE á avaliación sensorial.39.300.0003.200.0001.500.00014.000.000

ANEXO II

EmpresaTítuloCIFCódigo

anos

1ª anualidade

(Ptas.)

2ª anualidade

(Ptas.)

Total

(Ptas.)

Acuinuga, S.L.Utilización de residuos procedentes da industria galega de transformación de productos pesqueiros na elaboración de dietas para a acuicultura.B-15673973PGIDT99INN01E27.000.0003.000.00010.000.000

Aquagest, S.A.Estudio dun método eficaz para a detección de Escherichia coli en auga.A-28220606PGIDT99INN02E12.000.0002.000.000

Ati SistemasProxecto de Innovación Tecnolóxica do laboratorio de calibración de temperatura.B-15434251PGIDT99INN03E12.000.0002.000.000

Conservas Isabel de Galicia, S.L.Normalización de novos productos pesqueiros: pratos preparados en envases poliméricos.B-36325108PGIDT99INN04E16.000.0006.000.000

Dioptra, S.L.Sistema telemático combinado multimedia para a formación de autónomos: aula compartida virtual.B-27175249PGIDT99INN05E16.500.0006.500.000

Esypro, S.L.Célula de tratamento e elaboración para pedra de última xeración.B-36647634PGIDT99INN06E17.500.0007.500.000

Feiraco S. Coop. Ltda.Desenvolvemento dunha gama de iogures elaborados por nanofiltración.F-15016124PGIDT99INN07E110.000.00010.000.000

Froiz Manutención, S.L.Sistema loxístico integrado.B-36218808PGIDT99INN08E17.000.0007.000.000

Intelsis S. Int., S.A.Desenvolvemento e implementación dun contorno multimedia dixital para uso en teleasistencia, baseado en tecnoloxías de telepresencia.A-15215171PGIDT99INN09E211.000.0004.000.00015.000.000

Intelsis S. Int., S.A.Paragema: PAcs Radiolóxicos para Xestión Médica Aplicada.A-15215171PGIDT99INN10E211.000.0004.000.00015.000.000

Intelsis S. Int., S.A.Receptor múltiple de TV dixital para distribución en grandes edificios.A-15215171PGIDT99INN11E115.000.00015.000.000

Intelsis S. Int., S.A.Sistema de codificación dixital de vídeo portátil.A-15215171PGIDT99INN12E112.000.00012.000.000

Intelsis S. Int., S.A.Sistema de distribución de datos sobre un canal de TV dixital.A-15215171PGIDT99INN13E112.000.00012.000.000

Seintel, S.L.Desenvolvemento do conxunto de aplicacións de CTI e teletarifación denominado Seintel Phoneapps.B-36753044PGIDT99INN14E13.000.0003.000.000

Sociedade Galega de Innovación. Sogatec, S.L.Proxecto OzexB-32249088PGIDT99INN15E27.000.0002.000.0009.000.000

Stolt Sea Farm, S.A.Realización de moldes de inxección para a fabricación de series curtas.33241816-PPGIDT99INN16E12.000.0002.000.000

Stolt Sea Farm, S.A.Realización de moldes prototipos para pezas espumadas.33241816-PPGIDT99INN17E11.500.0001.500.000

Strong Bull, S.L.Proxecto de adquisición de patente do sistema de transmisión do Tope Medidas.B-15604978PGIDT99INN18E13.800.0003.800.000

Strong Bull, S.L.Proxecto estudio de viabilidade e implantación sistema desengraxe en líña actual de pintura en po electrostática.B-15604978PGIDT99INN19E24.000.0001.000.0005.000.000

Strong Bull, S.L.Proxecto prototipo prensa hidráulica multifunción 5 Tm.B-15604978PGIDT99INN20E16.000.0006.000.000

Talleres Viza, S.A.Estudio soldadura por resistencia por puntos e por protuberancias en pezas de seguridade de xeometría complexa en automoción.A-36614352PGIDT99INN21E113.000.00013.000.000