Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.012

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PLANTEL PICO SACRO, S.C.L.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa agraria Plantel Pico Sacro, con domicilio en Boqueixón (A Coruña), Sergude, s/n, e C.I.F. F-15025166, por medio do presente anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral da cooperativa, na súa reunión do día 8 de setembro de 1999, acordou fusionarse coas sociedades cooperativas agrarias Santa Cristina de Nemenzo e Leiteira

Pico Sacro, polo sistema de absorción, resultando esta última sociedade absorbente.

Os acredores terán o dereito a se opoñeren nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

En Boqueixón, 8 de setembro de 1999.

O secretario

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado